domingo, 29 de novembro de 2026

AVELAÍÑAS DO LOSADA PARTICIPA NA IX MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR OLIMPIO ARCA

 

O vindeiro martes, 1 de decembro, na primeira xornada da IX MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR OLIMPIO ARCA CALDAS, a aula de teatro Avelaíñas do Losada porá en escena a obra Romeo e Xulieta, nunha versión divertida e actualizada do clásico de Shakespeare, que tantos aplausos colleitou o fin de curso pasado. O grupo, dirixido por Fran Campos, ven traballando dende principio de curso nesta obra para a súa representación no Teatro Principal da Estrada. Será a partir das 18:30. A mostra está organizada pola AC Vagalumes.

 

 
Imaxe dos ensaios do grupo para esta representación

 

Ningún comentario :

Publicar un comentario