xoves, 4 de decembro de 2014

Se amamos, pactamos

Xa está en marcha unha nova edición do Certame de Relato e de Fotografía do 25-N. Anímate e participa.

Consulta as BASES DO CONCURSO

mércores, 3 de decembro de 2014

Videoconferencia A ESMORGA FILME

O pasado xoves 20 de novembro o alumnado de 4º ESO e 1º e 2º Bacharelato tivo a oportunidade de participar nunha iniciativa promovida pola produtora da pelicula A Esmorga. A adaptación cinematográfica da novela de Blanco Amor, dirixida por Ignacio Vilar, estreábase a pasada semana en moitos cines do país con moito éxito de público e crítica. Dentro da intensa campaña publicitaria do filme, organizaron encontros virtuais co alumnado de ducias de centros educativos de Galicia, entre os que se atopaba o Losada Diéguez. A intervención de presentación do centro correu a cargo de Sheila Carbia, de 2º de Bacharelato, que ademais participara no elenco da anterior película do director, Vilamor. Tamén tiveron ocasión de facer preguntas, en nome de todos os compañeiros e compañeiras, Clara Fernández de 4º ESO, Antía Expósito e Mónica Conde de 2º de Bacharelato.

Pois agora a ver o filme. Unha mágoa que non o poidamos desfrutar nos cines da Estrada.


Intervención de Sheila

Un momento da video conferencia

Asistentes á actividade