mércores, 21 de abril de 2021

MATEMÁTICAS, EN GALEGO

Nas pasadas semanas realizáronse no centro diferentes actividades organizadas polo Departamento de Matemáticas que tiveron como fío condutor a utilización do galego no ámbito matemático e científico en xeral. 

A primeira delas foi o martes 22 de marzo, cadrando co inicio da primavera. Realizouse unha vez máis o experimento Eratóstenes por parte do alumnado de 4º ESO, guiado polo seu profe Cibrán. Utilizando unha mesa, un pao de 1 m. de lonxitude, un nivel e a sombra do sol, calcularon, a partir de operacións básicas de trigonometría, a circunferencia da terra. 

Esta actividade realízase en máis centros do mundo ao mesmo tempo.

 


Por outra banda, o pasado mércores 14 de abril, tivemos a ocasión de contar no salón de usos múltiples do Losada cos profesores da Universidade de Vigo, Nicanor Alonso Mirás, autores do Libro Mate-glifos.

O alumnado de 4º  e tamén de 2º de ESO tivo a ocasión de desfrutar dunha interesante e amena charla sobre enredos e entretementos matemáticos. Podes ler unha completa crónica no Blog da Biblioteca.


 

domingo, 11 de abril de 2021

FINALISTAS E GAÑADORES/AS DO VIII CONCURSO DINAMIZAESTRADA 2021

 

O pasado 24 de marzo na Biblioteca do Losada foron entregados os diplomas dos finalistas e gañadores e gañadoras do Concurso de Microrrelatos e Micropoemas do noso centro.

Foron:

MICROPOEMAS
PALABRA ESCOLLIDA: LINDO


CATEGORÍA B1, 1º E 2º ESO

Finalista: Nuria Muiños Míguez, 2º ESO

Gañador: Xabier Casal Serantes, 1º ESO


CATEGORÍA B2, 3º E 4º ESO


Finalista: Darío Blanco Ruzo, 3º ESO

Gañador: Xabier Ferro Miranda, 3º ESO

CATEGORÍA C,  BACHARELATO E CICLOS

Finalista: Andrea Mosteiro Sanxiao, 2º BAC

Gañador: Gael Campos Picallo, 2º BAC


MICRORRELATOS
PALABRA ESCOLLIDA: CABALOS


CATEGORÍA B1, 1º E 2º ESO

Finalista: Lara Rey Rosende, 1º ESO

Gañador: Iago Rey Gañete, 2º ESO


CATEGORÍA B2, 3º e 4º ESO

Finalista: Uxía Rosende Diéguez, 3º ESO

Gañadora: Carmen Ruibal Picáns, 3º ESO


CATEGORÍA C,  BACHARELATO E CICLOS


Finalista: Gael Campos Picallo, 2º BAC

Gañadora: Carla Villaverde Núñez, 2º BAC


O VÍDEO COAS IMAXES DO EVENTO

NOVA EDICIÓN DO CERTAME DE MICRORELATOS DA EOI DE PONTEVEDRA NO LOSADA

A EOI de Pontevedra celebra un certame de micro-relato o vindeiro XOVES 15 DE ABRIL en colaboración co Concello de Pontevedra. 

RELATOS: as persoas participantes deberán crear un texto literario de 150 palabras como máximo “in situ”, durante 110 minutos, a partir da “inspiración” que lles suxiran 3 palabras escollidas no momento de comezar a proba.  

PARTICIPANTES: Poderán participar no concurso todas as persoas maiores de 14 anos que o desexen (sexan ou non alumnado da EOI de Pontevedra).

PREMIOS:
1º premio: vale de 200€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
2º premio: vale de 150 € para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
3º premio: vale de 100€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
Ademais, o xurado resérvase a posibilidade de entregar dous accésits de 50€ cada un.

BASES COMPLETAS


LUGAR: AULA 103

HORA: 19:00 (e non ás 19:30 como se di nas Bases)

 

venres, 2 de abril de 2021

O ALMANAQUE DO 3º TRIMESTRE

Aínda de vacacións, ofrecémosche o calendario do terceiro trimestre deste curso. Continuamos dedicándolle os diferentes meses a persoas senlleiras da nosa cultura e as nosas letras. Recordámosche ademais as efemérides máis salientables de cada mes.  Estes contidos foron escollidos por Andrea Mosteiro Sanxiao, alumna do EDLG, que cursa 2º BAC.

A continuación podes descargar e imprimir o calendario deste terceiro trimestre trimestre:

calendario20-21-3t by elogolosada on Scribd