xoves, 12 de abril de 2018

Concurso de Adhesivos no Losada. Correlingua 2018




 O próximo 3 de maio o CORRELINGUA chega á Estrada. E coma sempre queremos levar os mellores deseños no noso peito.
Convocamos o Concurso de Deseño para escoller os mellores autocolantes do centro. Podes facer cantos deseños queiras a cor ou non e coa técnica que escollas. Preséntallelos ao profesorado de Lingua ou nun sobre co teu nome na Conserxería do centro.

E para te inspirares:
Autocolantes de anos anteriores AQUÍ.

venres, 6 de abril de 2018

O EDL Losada entrega os diplomas a finalistas e gañador@s do Concurso Dinamizaestrada 18

O pasado 16 de marzo, na biblioteca do Losada, tivo lugar a entrega solemne dos diplomas aos finalistas e gañadores e gañadoras en cada unha das categorías do V Concurso de Micropoemas e Microrrelatos organizado por DINAMIZAESTRADA, que agrupa aos Equipos de Dinamización Lingüística dos centros educativos da Estrada.

MICRORRELATOS
PALABRA: FAIADO

Categoría 1º e 2º ESO

Finalistas:
Daniel Canicoba Cerviño 1º ESO
Alba Lorenzo Muíños 1º ESO

Gañadora:
Vanessa Agra Manzano 2º ESO

Categoría 3º e 4º ESO

Finalista:
Patricia Terceiro Pereira

Gañadora:
Valeria Gomes González 4º ESO

Categoría  Bacharelato e Ciclos

Finalistas:
Sergio Pérez Loureiro 2º BAC
Damián Gómez Sánchez 2º BAC

Gañador:
Xosé Eduardo Rodríguez Rodríguez 2º BAC
 


MICRO POEMAS
PALABRA: MAR


Categoría 1º e 2º ESO

Finalistas:
Nuria García Ruibal 1º ESO
Iria Rodríguez Arias 1º ESO

Gañadora:
Eva Cobas Iglesias 1º ESO

Categoría 3º e 4º ESO

Finalistas:
Carla Iglesias Lopes 3º ESO
Yolanda Blanco Sanmartín  3º ESO

Gañadora:
Celia Astorga Herraiz  4º ESO

Categoría  Bacharelato e Ciclos

Finalistas:

Paula Paz Vilar 2º BAC
Xosé Eduardo Rodríguez Rodríguez 2º BAC

Gañador:

Iván Calviño Soto 2º BAC

O próximo 23 de maio celebrarase a V Festa das
palabras no Teatro Principal da Estrada, na que serán entregados os premios aos gañadores e gañadoras e será presentado o libro onde se recollen os seus traballos, que este ano destacaron pola súa orixinalidade e calidade literaria.
PARABÉNS A TODOS E A TODAS! 

Abaixo podes ver, descargar ou imprimir a acta do xurado


Club de Lectura 1º ESO. Sesións de xaneiro e febreiro.

O numeroso grupo do Club de Lectura de 1º ESO comezou o 2018 coa mesma intensidade lectora que rematou 2018.

En Xaneiro, o martes 23, tiveron un interesante coloquio sobre o libro de Fernández Paz, As flores radiactivas. Ademais fixeron coas súas propias máis un mar de flores que inundou o corredor da biblioteca.


Picando AQUÍ, poderás ver máis fotos da sesión.

En febreiro leron Engurras de Paco Roca. Ademais de ter un interesante coloquio, gozamos co visionado da versión animada do libro.


Picando AQUÍ poderás ver máis imaxes



O club de Lectura de 3º ESO. Actualizamos

Damos conta das sesión do Club de Lectura de 3º, que aínda non trouxeramos a este blog.

30 de xaneiro de 2018. A Metamorfose de Franz Kafka.


27 de febreiro de 2018. Aire negro de Agustín Fernández Paz



E SEGUIMOS LENDO....

O IES Antón Losada no DÍA DE ROSALÍA 18 no MOME da Estrada

O pasado 27 de febreiro tivo lugar unha nova edición do acto poético en honra de Rosalía de Castro, que organiza o Concello da Estrada no Mome.

En representación do noso centro, María Recio e Eduardo Andújar, de 3º de ESO fixeron unha excelente lectura do poema "Tembra un neno no húmido pórtico" de Follas Novas.

O acto estivo conducido por Xosé Lueiro e no mesmo presentouse o vídeo promovido polo concello no que se recita Adiós ríos, adiós fontes en diferentes lugares e en diferentes idiomas do mundo.


María, Eduardo e a profe Carme.

 Eduardo e María