Maña 25 de novebro, a comunidade educativa do Losada apoiará a conmemoración do 25 de novembro a través de diversas actividades orientadas a condenar a violencia machista e sumarse á igualdade e o bo trato.
Tendes aquí o cartel que conta ca imaxe elaborada pola gañadora Emma de 4ºESO:
- As 12.00 proxección do manifesto elaborado por alumnado de 1º bacharelato.
- Intervención artística e reivindicativa coa colocación de paraugas violetas ou outros elementos con lemas sobre o tema elaborados polo alumnado no vestíbulo e biblioteca do centro.
- Mostra de carteis finalistas e cartel gañador do concurso de carteis do 25N.
- Exposición 25N NON MIRAMOS PARA OUTRO LADO: mostra de 10 paneis informativos sobre a situación da violencia contra as mulleres.
- Mostra de libros e publicacións comentadas na Biblioteca.
Animamos a toda a comunidade a acudir con algunha prenda de cor violeta.

Ningún comentario :
Publicar un comentario