martes, 25 de xuño de 2024

DINAMIZA TV 2024

Un ano máis, e xa van tres, o EDLG do Losada participou no proxecto impulsado polo Concello da Estrada, DINAMIZA TV. Nesta ocasión foi o alumnado de 1º ESO A o encargado de realizar todos os traballos para a realización do noso particular informativo. Moi interesante e entretido. Parabéns!!!

Aí podedes gozar co vídeo:

OUTRO CURSO DE MOITO TEATRO NO LOSADA

A aula de teatro AVELAÍÑAS do Losada forma parte do proxecto que leva adiante todos os anos o EDLG do centro. Un curso máis un grupo de 20 rapaces e rapazas traballou duro todos os martes, e algúns días máis para levar o galego ao escenario e compartilo con todos nós. Este ano, ademais da participación na homenaxe a Olimpio Arca

Nunha nova anterior explicamos o programa de funcións do grupo e aquí deixamos unha foto do grupo ao final das mesmas, acompañado polas fillas de Olimpio Arca, profesora e escritor autor da obra escollida para este ano. Podes picar nela e ver todas as fotos.

Queremos felicitar a todos e todas as compoñentes do grupo, así como ao seu director Fran Campos, polo magnífico traballo realizado este curso. Viva o teatro no Losada!

E podes gozar coa obra completa neste vídeo:

ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

 Ana Parada, orientadora do centro e Raquel Rodríguez profe de Plástica, entregaron en representación do EDLG os premios do concurso de fotografía "As palabras de Luísa Villalta".

Achegamos a acta do xurado e a imaxe da entrega de premios.

FALLO DO XURADO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XELA ARIAS

LETRAS GALEGAS 2024

O Xurado do Concurso de Fotografía AS PALABRAS DE LUÍSA VILLALTA das Letras Galegas 2024 valorou moi positivamente a cantidade e calidade dos traballos presentados ao mesmo.

Foi complicado facer a escolla das imaxes finalistas que reuniron orixinalidade, calidade e adecuación ao poema escollido por cada unha delas.

O xurado quere facer felicitar a estes finalistas e a todos e todas os participantes polo traballo realizado.

A elección dos gañadores e gañadoras foi realizada por votación de 20 representantes do profesorado e doutros sectores da comunidade educativa do Losada.

Así, unha vez feito o reconto de votos,  o xurado decidiu outorgar as seguintes mencións e premios:

-Mención para 3 das fotografías finalistas, que recibirán unha lámina da deseñadora Rosa de Cabanas na que se retrata a Maruja Roca, unha das primeiras fotógrafas galegas e un bolígrafo do Losada.

Son:

Lois Fieiro Ameijeiras, de 1º ESO B

Iria Pérez Martínez, de 4º ESO A

Lara Rey Rosende, de 4º ESO B

-Segundo premio do concurso que recibirá unha lámina como as anteriores, un bolígrafo do Losada e o libro de fotos antigas da Estrada, IMAXES PARA A LEMBRANZA, para

Lía Vieites Carballo de 1º BAC B

-E primeiro premio do concurso, que recibirá unha lámina como as anteriores, un bolígrafo do Losada e unha fotografía do artista estradense Alberte Peiteavel con enmarcación artesá de Casal de Creación para:

Enma Duro Sanmartín  4º ESO B


 

xoves, 20 de xuño de 2024

A REVISTA DO EDLG 2024

Xa circula de man en man a nosa publicación. Moitas páxinas con artigos, crónicas, reportaxes, ilustración, creación, unha fermosa capa a toda cor realizada pola profe de Plástica, Raquel Rodríguez Reino, que tamén forma parte do EDLG.


 Podes descargala e gozar dela a toda cor aquí:


ELOGHO? 2024 by elogolosada

domingo, 16 de xuño de 2024

SEMANA DE MOITO TEATRO NO LOSADA

Esta semana, a última do curso, a aula de teatro Avelaíñas do Losada estreará a peza teatral na que levan traballando estes meses. Trátase dun clásico do teatro estradense: Pelexa no Souto, do inesquecible profesor e escritor Olimpio Arca Caldas. Ecoloxía, terra, valores, respecto e tamén moito humor nesta obra que sempre está de actualidade.

Cartel e elenco da obra (deseño Brais Nogueira Corral)
 
A redacción do EDLG coouse nun ensaio de Avelaíñas e puidemos tirar algunha foto. A cousa promete.
 
Aquí queda o programa de actuacións para esta última semana teatral do curso:

18 de xuño, martes

Estrea da obra Pelexa no souto, de Olimpio Arca Caldas, a cargo da aula de teatro Avelaíñas do Losada.
Lugar: salón de usos múltiples.
Horario: 16:30 a 17:20
Grupos: 1º ESO e 3º ESO

19 de xuño, mércores

Posta en escena da obra Pelexa no souto, de Olimpio Arca Caldas, a cargo da aula de teatro Avelaíñas do Losada no IES O Carril (Vilagarcía de Arousa)

20 de xuño, xoves

Posta en escena da obra Pelexa no souto, de Olimpio Arca Caldas, a cargo da aula de teatro Avelaíñas.
Lugar: Salón de usos múltiples
Horario: 13:35 a 14:25
Grupos: 2º ESO, 4º ESO e 1º BAC
 
20 de xuño, xoves
Posta en escena da obra Pelexa no souto, de Olimpio Arca Caldas, a cargo da aula de teatro Avelaíñas.
Lugar: Salón de usos múltiples
Horario: 21 horas
Destinado a familias e público en xeral. Entrada gratuíta.

ASÍ FOI A PARTICIPACIÓN DO LOSADA NO CORRELINGUA 2024

O martes 28 de maio, despois de ser adiado polo mal tempo, celbrouse unha nova edición do Correlingua, baixo o lema DE AQUÍ ATÉ ACOLÁ, GALEGO XÁ!.

O Losada enviou unha magnífica representación a través do alumnado de 3º ESO, que ademais traballou nos días previos na elaboración de dúas pancartas que luciron no envento.

Aí quedan as fotos: