xoves, 19 de decembro de 2024

A VIDA É UN CÁSTING, POR AVELAÍÑAS TEATRO. AS MELLORES FOTOS

 Aí quedan as mellores imaxes da posta en escena da creación teatral de AVELAÍÑAS DO LOSADA coa que nos agasallou este fin de trimestre. Moitos risos e moitos aplausos. Parabéns!!!

Pica na imaxe para ver as mellores fotos.



O LOSADA CELEBRA O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O  IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez celebrou un ano máis o Día da ciencia en galego. Oficilamente no mes de novembro, o Departamento de Ciencias Naturais e o Equipo de dinamización da lingua galega escolleron a data de hoxe para esta actividade que reivindica a utilización do galego na ciencia e que serve, ademais, para divulgar entre o alumnado e a comunidade educativa os estudos de caracter científico.

Os grupos de 2º de ESO encargáronse de preparar unha serie de Mesas científicas que tocaban diferentes materias deste ámbito.

Así, na mesa de XEOLOXÍA os asistentes podían facer unha actividade de palentoloxía coa excavación e clasificación de materiais, ou aprender  sobre a tectónica de placas cunha maqueta de sudución dos continentes elaborada polos pequenos científicos de 2º ESO.

Na mesa de QUÍMICA eran quen de transformar moedas de cobre en moedas de ouro ou prata ou tamén de meter un ovo nun matraz sen rompelo.

No posto dedicado á BIOLOXÍA facían demostracións que nos axudan a saber o que comemos con análises do amidon que teñen moitos alimentos, como o friame, o pan ou o plátano.

E na mesa das MATEMÁTICAS, FÍSICA E TECNOLOXÍA fixeron experimentos sobre estatísticas, os obxectos que caen antes e os tipos de plásticos.

Todo isto acompañado de abundantes infografías con datos e personaxes do mundo da ciencia, elaborados polo alumnado e pendurados nas diferentes mesas.

Para animar a participación do alumnado e do profesorado realizaron unha ficha na que os visitantes podían responder ás preguntas e retos sobre as experiencias montadas.

A actividade realizouse nos recreos da mañá de hoxe, sendo o resultado de semanas de traballo do alumnado de 2º ESO.

E demostrouse, unha vez mais, que o galego tamén vale para a ciencia.

Picando na imaxe poderas ver as mellores fotos da actividade. 



luns, 16 de decembro de 2024

AVELAÍÑAS, TEATRO PARA DESPEDIR O TRIMESTRE

 

A Aula de tearo AVELAÍÑAS DO LOSADA porá en escena o proxecto teatral no que ven traballando este trimestre e que xa puido ser presenciado por numeroso público no Teatro Principal da Estrada na VII mostra de teatro Olimpio Arca o pasado novembro.

Trátase do divertimento teatral A VIDA É UN CÁSTING, composta dunha serie de escenas arredor das escollas que temos que facer habitualmente nas nosas vidas.

A representación terá lugar o martes 17 de decembro  no salón de actos do Losada:

16:30 para os grupos de 2º ESO e 1º BAC

17:20  para os grupos de 3º e 4º ESO

luns, 2 de decembro de 2024

Avelaíñas do Losada participou na VII Mostra de Teatro Olimpio Arca 2024

Aí quedan algunhas imaxes da posta en escena da peza A vida é un cásting, chea de bo facer e moito humor, a cargo da Aula de teatro Avelaíñas do Losada na VII Mostra de teatro escolar Olimpio Arca da Asociación cultural Vagalumes. Foi o pasado 27 de novembro no Teatro Principal da Estrada.

Parabéns polo traballo!!! E a seu dire Fran Campos tamén.

As mellores fotos da obra AQUÍ

luns, 4 de novembro de 2024

SAMAÍN 24 NO LOSADA

Por segundo ano consecutivo, recibimos a visita de OSIÑOS que nos agasallou unha vez máis coas mellores e máis terroríficas frases. Foron moitas e moitos os que quixeron tirar unha foto coa súa frase preferida. 

 
Se queres podes ver e descargar a túa foto AQUÍ.

 


luns, 23 de setembro de 2024

CONVÓCASE AO ALUMNADO A FORMAR PARTE DA AULA DE TEATRO AVELAÍÑAS DO LOSADA_CURSO 2024-2025

Se queres formar parte da Aula de teatro Avelaíñas, achégate á reunión que terá lugar este xoves, 26 de setembro no salón de usos múltiples ás 12:25.

Ven e goza do teatro!

 


xoves, 19 de setembro de 2024

ALMANAQUE DO 1º TRIMESTRE. XA PODES CONSEGUILO

 
Un curso máis o EDLG do Losada ofréceche unha ferramenta útil para organizáreste mellor: o almanaque mensual

Nesta ocasión, cada mes está dedicado a un grupo ou interprete musical feminina da música galega contemporánea, e aínda quedou sitio para incluír un refrán do mes.

Comezamos con Fillas de Cassandra, Caamaño&Ameixeiras, A Banda da Loba e Guadi Galego

Xa está nas aulas, pero aquí, podes descargar e imprimir o teu almanaque:

Almanaque EDL_LOSADA 24-25-1ºT by elogolosada

martes, 25 de xuño de 2024

DINAMIZA TV 2024

Un ano máis, e xa van tres, o EDLG do Losada participou no proxecto impulsado polo Concello da Estrada, DINAMIZA TV. Nesta ocasión foi o alumnado de 1º ESO A o encargado de realizar todos os traballos para a realización do noso particular informativo. Moi interesante e entretido. Parabéns!!!

Aí podedes gozar co vídeo:

OUTRO CURSO DE MOITO TEATRO NO LOSADA

A aula de teatro AVELAÍÑAS do Losada forma parte do proxecto que leva adiante todos os anos o EDLG do centro. Un curso máis un grupo de 20 rapaces e rapazas traballou duro todos os martes, e algúns días máis para levar o galego ao escenario e compartilo con todos nós. Este ano, ademais da participación na homenaxe a Olimpio Arca

Nunha nova anterior explicamos o programa de funcións do grupo e aquí deixamos unha foto do grupo ao final das mesmas, acompañado polas fillas de Olimpio Arca, profesora e escritor autor da obra escollida para este ano. Podes picar nela e ver todas as fotos.

Queremos felicitar a todos e todas as compoñentes do grupo, así como ao seu director Fran Campos, polo magnífico traballo realizado este curso. Viva o teatro no Losada!

E podes gozar coa obra completa neste vídeo:

ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

 Ana Parada, orientadora do centro e Raquel Rodríguez profe de Plástica, entregaron en representación do EDLG os premios do concurso de fotografía "As palabras de Luísa Villalta".

Achegamos a acta do xurado e a imaxe da entrega de premios.

FALLO DO XURADO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XELA ARIAS

LETRAS GALEGAS 2024

O Xurado do Concurso de Fotografía AS PALABRAS DE LUÍSA VILLALTA das Letras Galegas 2024 valorou moi positivamente a cantidade e calidade dos traballos presentados ao mesmo.

Foi complicado facer a escolla das imaxes finalistas que reuniron orixinalidade, calidade e adecuación ao poema escollido por cada unha delas.

O xurado quere facer felicitar a estes finalistas e a todos e todas os participantes polo traballo realizado.

A elección dos gañadores e gañadoras foi realizada por votación de 20 representantes do profesorado e doutros sectores da comunidade educativa do Losada.

Así, unha vez feito o reconto de votos,  o xurado decidiu outorgar as seguintes mencións e premios:

-Mención para 3 das fotografías finalistas, que recibirán unha lámina da deseñadora Rosa de Cabanas na que se retrata a Maruja Roca, unha das primeiras fotógrafas galegas e un bolígrafo do Losada.

Son:

Lois Fieiro Ameijeiras, de 1º ESO B

Iria Pérez Martínez, de 4º ESO A

Lara Rey Rosende, de 4º ESO B

-Segundo premio do concurso que recibirá unha lámina como as anteriores, un bolígrafo do Losada e o libro de fotos antigas da Estrada, IMAXES PARA A LEMBRANZA, para

Lía Vieites Carballo de 1º BAC B

-E primeiro premio do concurso, que recibirá unha lámina como as anteriores, un bolígrafo do Losada e unha fotografía do artista estradense Alberte Peiteavel con enmarcación artesá de Casal de Creación para:

Enma Duro Sanmartín  4º ESO B


 

xoves, 20 de xuño de 2024

A REVISTA DO EDLG 2024

Xa circula de man en man a nosa publicación. Moitas páxinas con artigos, crónicas, reportaxes, ilustración, creación, unha fermosa capa a toda cor realizada pola profe de Plástica, Raquel Rodríguez Reino, que tamén forma parte do EDLG.


 Podes descargala e gozar dela a toda cor aquí:


ELOGHO? 2024 by elogolosada

domingo, 16 de xuño de 2024

SEMANA DE MOITO TEATRO NO LOSADA

Esta semana, a última do curso, a aula de teatro Avelaíñas do Losada estreará a peza teatral na que levan traballando estes meses. Trátase dun clásico do teatro estradense: Pelexa no Souto, do inesquecible profesor e escritor Olimpio Arca Caldas. Ecoloxía, terra, valores, respecto e tamén moito humor nesta obra que sempre está de actualidade.

Cartel e elenco da obra (deseño Brais Nogueira Corral)
 
A redacción do EDLG coouse nun ensaio de Avelaíñas e puidemos tirar algunha foto. A cousa promete.
 
Aquí queda o programa de actuacións para esta última semana teatral do curso:

18 de xuño, martes

Estrea da obra Pelexa no souto, de Olimpio Arca Caldas, a cargo da aula de teatro Avelaíñas do Losada.
Lugar: salón de usos múltiples.
Horario: 16:30 a 17:20
Grupos: 1º ESO e 3º ESO

19 de xuño, mércores

Posta en escena da obra Pelexa no souto, de Olimpio Arca Caldas, a cargo da aula de teatro Avelaíñas do Losada no IES O Carril (Vilagarcía de Arousa)

20 de xuño, xoves

Posta en escena da obra Pelexa no souto, de Olimpio Arca Caldas, a cargo da aula de teatro Avelaíñas.
Lugar: Salón de usos múltiples
Horario: 13:35 a 14:25
Grupos: 2º ESO, 4º ESO e 1º BAC
 
20 de xuño, xoves
Posta en escena da obra Pelexa no souto, de Olimpio Arca Caldas, a cargo da aula de teatro Avelaíñas.
Lugar: Salón de usos múltiples
Horario: 21 horas
Destinado a familias e público en xeral. Entrada gratuíta.