O pasado venres deron comezo as actividades coordinadas polo EDL do Losada para reivindicar, un ano máis o uso do galego no ámbito científico.
Na primeira sesión, o profesor da Facultade de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, Raul Figueroa, achegou a un interesado grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO, 1º e 2º BAC, moita información sobre Materiais intelixentes.
Esta semana completaremos o primeiro ciclo do programa con máis actividades.
elogho! Blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez da Estrada
domingo, 24 de novembro de 2019
domingo, 29 de setembro de 2019
O CALENDARIO DO CURSO 2019-20
Un curso máis o EDL do Losada ofréceche unha ferramenta útil para organizáreste mellor: o calendario mensual, que nesta edición recolle un refrán por mes, e as datas máis sinaladas e celebracións do mesmo. Comezamos cos meses do primeiro trimestre: setembro, outubro, novembro e decembro.
Podes descargar e imprimir o teu almanaque aquí:
calendario19-20_1º trimestre by elogolosada on Scribd
martes, 17 de setembro de 2019
BENVIDO CURSO 2019-20
Comezamos un novo curso con ánimos renovados. Quedan meses de traballo por diante e de esforzo dinamizador. Un novo curso polo noso idioma.
Para facilitar o traballo, especialmente dos/das docentes, pero tamén para o alumnado, achegamos o traballo realizado polo movemento de renovación pedagóxica, Nova Escola Galega, que nos ofrece diversos materiais en galego: calendario anual, temporización, etc.
Podes descargalos directamente:
Calendario escolar PDF
Calendario escolar EXCEL
Temporización PDF
Temporización EXCEL
Tamén tés algunhas axendas en galego no mercado, ben chulas:
Axenda escolar en galego
Axenda escolar animosa
Axenda escolar Baía
mércores, 19 de xuño de 2019
ELOGHO 2019 xa está aquí. A revista do Losada.
Xa tés a túa revista en papel ou dixital.
Capa da revista
(deseño de Yolanda Blanco e Antía Peleteiro, de 4ª ESO)
Máis imaxes, máis colaboracións, máis información, en 36 páxinas que podes ver, imprimir ou descargar aquí a toda cor.
Revista elogho? 2019 by on Scribd
xoves, 23 de maio de 2019
Conversa con Héctor Cajaraville
Despois da lectura de Once portas e de achegármonos á figura de Antonio Fraguas a través das páxinas da biografía do bo mestre, o encontro desta mañá con Héctor Cajaraville foi case un reencontro. O alumnado de 3º e 4º da ESO mantivo co autor unha conversa fluída sobre a personalidade de Fraguas, sobre a investigación para construír unha biografía, sobre o oficio da escrita, sobre os libros que marcan... Unha batería de preguntas ben interesante duns entrevistadores de primeira. Parabéns a tod@s e graciñas a Héctor Cajaraville pola súa conversa aberta e amena.
O galego é a fórmula
domingo, 19 de maio de 2019
Quen nos roubou as estrelas?
Promovido polos clubs de lectura do Losada Diéguez, esta semana das Letras reflexionamos sobre a contaminación luminosa da man do profesor da Universidade de Santiago de Compostela Salvador Bará, que nos falou da importancia de recuperarmos a noite estrelecida...
Avelaíñas en ruta
Florencia, Pisa... Por terras de Italia temos estes días o alumnado de teatro do Losada Diéguez, Avelaíñas Teatro. Un bus completiño para levar polo mundo unha maneira de facer teatro.
Seguídeos no blog teatroenruta.wordpress.com
Seguídeos no blog teatroenruta.wordpress.com
xoves, 9 de maio de 2019
Videoconferencia co Colexio do Foxo
O alumnado 1º e 6º de primaria do colexio do Foxo sorprendeunos esta mañá cunha serie de exposicións sobre o libro, que escoitaron con atención os alumnos e alumnas de 2º da ESO do noso instituto. Un ano máis, compartimos información na distancia, grazas ás sesións de videoconferencias que preparamos entre os equipos de promoción da lingua galega dos centros educativos da Estrada (DinamizaEstrada). Faláronnos de libros, con datos e con xeito de auténticos conferenciantes. En hora boa polo traballo! Seguimos dixitalmente conectados!
Sen palabras, na fin do intercambio lingüístico co Collège du Houlme
Nesta primerira semana de maio abrímoslle as portas da Estrada ao alumnado do Collège du Houlme. A segunda parte do intercambio foi tan intensa coma a viaxe do alumnado do Losada a Normandía. Facermos xuntos estes camiños de ida e volta non nos deixa como estabamos: sabemos moitas máis palabras, en francés, en inglés, en linguaxe de signos :-)... Practicamos coa expresión do corpo a través desa adaptación de Le Petit Prince que argallou Afonso para a ocasión. Compartímola coas familias na sesión de peche no Teatro Principal da Estrada.
Pero aprendemos ben máis cousas nesta convivencia. Durante unha semana fixemos en común de novo aulas, descubertas e longas camiñadas. Agora as palabras parece que xa nos sobran. Boa viaxe de volta! E ata outra!
luns, 6 de maio de 2019
Calendario 3º trimestre
Comezamos a organizar as datas de probas e entrega de traballos do terceiro trimestre e algúns alumnos pedíannos que recuperásemos os meses de maio e xuño do calendario do Losada, para os ter á man. Aquí volos deixamos.
calendario_3º_trimestre by elogolosada on Scribd
calendario_3º_trimestre by elogolosada on Scribd
xoves, 25 de abril de 2019
mércores, 10 de abril de 2019
Concurso de portadas para a revista do instituto
A finais de maio temos previsto desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Losada editar, como cada ano, a revista do instituto, con contidos variados elaborados polo alumnado e profesorado do centro.
Este ano temos como novidade a convocatoria dun concurso para a portada do novo número de E Logo! O prazo está aberto ata finais deste mes e podedes presentalo en A4 en vertical ou nun A3 horizontal (para que sexa deseño de capa e contracapa). A técnica de deseño é completamente libre (á man, en dixital etc.), coa única condición de que sexa orixinal. Non é necesario engadir texto. Despois poremos superposto o nome da revista e os logotipos na contacapa.
Animádevos a participar. As bases están anunciadas polo centro, con este cartel deseñado por unha das alumnas colaboradoras do EDLG.
luns, 8 de abril de 2019
De roteiro cos Avelaíñas
Nas últimas semanas o grupo Avelaíñas púxonos a andar. Si, a andar literalmente, porque os rapaces e rapazas do grupo de teatro do IES Losada Diéguez, metidos de cheo nos seus papeis, convertéronse en dinamizadores de percorridos por distintos lugares de Galicia: Touro, outro día Palas de Rei, domingo en Compostela... Os roteiros dramatizados son unha maneira excelente de coñecer o patrimonio da man teatro. Avelaíñas faino, ademais, da man doutros grupos de rapaces doutros centros de Galicia que comparten a mesma afección pola escena. Haberá máis este curso. De momento, deixamos algunhas imaxes dos roteiros e da actuación no Audiotorio de La Salle en Santiago.
venres, 5 de abril de 2019
Coñecemos Portugal, aprendemos portugués
O IES Antón Losada iniciou este curso a impartición da materia de Portugués como idioma optativo para o alumnado de 1º da ESO. Xa nos tardaba no centro poder achegarnos á lingua irmá e a favorecer ente o alumnado o coñecemento da cultura portuguesa coa que nos unen lazos primeiros da nosa historia. Para poñer en práctica as primeiras nocións aprendidas e coñecer de primeira man este territorio da outra beira do Miño, os alumnos de Portugués do Losada viaxaron este mes, xunto cos doutros centros da contorna, á cidade do Porto. Formidable experiencia de convívio e aprendizaxe!
Patrimonio rehabilitado
Esta semana o alumnado de 3º da ESO do Losada Diéguez percorreu as rúas da fermosa vila de Allariz. Unha vila para andar a pé, para pasmar coa harmonía das construcións ben conservadas e tamén para estar a ben coa natureza. Visitamos o Museo do Xoguete, desfilamos con garbo cos traxes de época do Museo da Moda, achegámonos aos monumentos da vila e aínda tivemos tempo para gozar dunha tarde estupenda na área recreativa do Rexio, reserva da biosfera. Alí acariñamos años, burros e cans, e coñecemos o proceso de elaboración do queixo de ovella. Por certo, delicatessen galega. Unha actividade que forma parte do Proxecto Terra, do Colexio de Arquitectos de Galicia, para a posta en valora da recuperación do patrimonio e a paisaxe.
martes, 26 de marzo de 2019
Xa temos gañadoras e gañadores do Concurso de Micropoemas e Microrrelatos 2019
Esta mañá entregamos na Biblioteca do Losada os diplomas dos finalistas e gañadores e gañadoras do Concurso de Microrrelatos e Micropoemas do noso centro. Estes foron os premiados:
MICRORRELATOS: lenda
Categoría 1º e 2º ESO
Finalista: Nayara Constenla Fins 2º ESO
Gañador: Alejandro Barcala Iglesias 1º ESO
Categoría 3º e 4º ESO
Finalista e gañador: Yassine Ani 2º FPB Servizos Administrativos
Categoría Bacharelato e Ciclos
Finalistas: Alba Navia Carballo 1º BAC e Laura Silva Picallo 1º BAC
Gañador: Telmo Leira Loureiro
MICROPOEMAS: serán
Categoría 1º e 2º ESO
Finalistas: Nuria García Ruibal 2º ESO e Alexandra Paz Carracedo 1º ESO
Gañadora: Eva Cobas Iglesias 2º ESO
Categoría 3º e 4º ESO
Finalistas: Eva Rocamonde Darriba 3º ESO e Luis Ruibal Picáns 3º ESO
Gañadora: María Ribadavia Uzal 4º ESO
Categoría Bacharelato e Ciclos
Finalistas: David Sueiro Durán 2º BAC e María Souto Calvelo 2º BAC
Gañadora: Celia Astorga Herraiz 1º BAC
En hora boa a tod@s!
Ademais, fíxose pública a acta do xurado do VI Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada, no que participan os EDLG do CEIP Pérez Viondi, o CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez. Podes consultar a acta e coñecer todos os gañadores e gañadoras en DinamizaEstrada.

O xurado do certame reunido no CEIP Pérez Viondi
Linguas, todas, para andar polo mundo
Derreadiñ@s vimos despois da nosa estadía en Francia, en intercambio co Collège du Houlme, na Normandía. Unha experiencia de convivencia e aprendizaxe que, abofé, non nos vai esquecer. Da man de O Principiño realizamos este ano unha viaxe fermosa co alumnado de 1º da ESO, compartindo unha semana con familias francesas e co centro escolar de Briouze coa axuda das linguas e das ferramentas de expresión que nos regala o teatro. Aí vos vai a crónica da nosa viaxe!
O domingo 17 de marzo saímos para París. Foi para algúns dos alumnos a primeira viaxe en avión. A chegada de noite a París ben merecía un paseo para vermos a Tour Eiffel iluminada.
Pola mañá erguémonos canda os panadeiros para coller o tren para Briouze. Despois dunha soneca no primeiro tramo, logo nos puxemos mans á obra. Tiñamos aínda moito texto por preparar. Levamos nas mochilas un proxecto ambicioso: poñer en escena, co alumnado francés, unha adaptación trilingüe galego-castelán-francés de O Principiño, de Saint-Exupéry. As partes en francés déronnos bo traballo, aínda que fosen expresións doadas que xa abordamos nas aulas. Pero, aos poucos, fomos logrando dicilas con bo acento e naturalidade. Todo é poñerse!
A media mañá, chegamos a Briouze. A chegada ao collège foi emocionante. O alumnado e o profesorado do centro preparáronnos unha acollida activa, con xogos de grupo que nos meteron de cheo a compartir cos novos compañeiros. Percorremos Briouze ás carreiras buscando pistas. E, cando nos demos de conta, estabamos a parolar amigablemente no patio do collège.
Os alumnos e alumnas galegos integráronse nas clases de Historia, Inglés, Español, Matemáticas... É curioso descubrir como se parecen ás nosas e, ao mesmo tempo, cantas cousas distintas: nos tratamentos de cortesía co profesorado, na organización de patio, nos timbres, que aquí son música para advertir dos cambios de aula... E, polo medio, os primeiros ensaios de teatro. As propostas de expresión corporal de Afonso póñennos en contacto físico e en conexión humana directa. O grupo xa está feito nunhas poucas horas. O teatro é máxico.
No medio da semana, tamén tivemos tempo para descubrir algúns lugares especiais próximos a Briouze. Onda o profesorado e alumnado francés coñecemos monumentos históricos da comarca e mesmo chegamos ao Mont Saint Michel e a Saint Malo, xa nas portas da Bretaña.

Despois da actividade a semana, o venres chegou o día da estrea da obra. As familias acudiron todas ao Espace Culturel para ver os primeiros resultados do traballo. Queda aínda moito por ensaiar. Esa segunda parte da tarefa será a finais de abril, cando o alumnado francés veña visitarnos á Estrada. Ao final da función houbo apertas e xa as primeiras bágoas. Xúntanse as emocións dunha semana verdadeiramente intensa.
O sábado pola mañá despedímonos das familias. Briouze é unha vila pequecha. A acollida foi tan cálida coma a despedida. Marchamos agradecidos e con gana de acollelos cando veñan. Diso vai esta viaxe arredor do Principiño: de coñecer, de mirar outros "planetas" e de non perder a capacidade de sorprendernos na viaxe.
A fin de semana en París foi un bo peche. Agora xa estamos de volta. Queda aínda moito traballo por facer na segunda parte deste intercambio. Darémolo todo para que saia tan ben coma esta primeira. A tout à l'heure !
sábado, 23 de febreiro de 2019
Orgullosas da nosa ciencia e da nosa lingua
Esta semana, o alumnado de 1º de Bacharelato encheu o centro de sabedoría matemática coas actividades arredor da muller e a ciencia promovidas polo departamento de Matemáticas e a Biblioteca. Énchenos de fachenda o bo galego das nosas alumnas para falar das cousas do día a día e tamén para expresar coñecemento académico. La Voz de Galicia recolleuno nas súas páxinas. Lamentable é que, en cambio, un medio con ese nome rexeite contalo na lingua que as protagonistas empregaron... Algún día.
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)