xoves, 25 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA 2021

 Como todos os cursos, o 24 de febreiro celebramos a Rosalía. Nesta ocasión, sumámonos á iniciativa da AELG coa realización dunha coreografía para Rosalía que podedes ver no vídeo de abaixo. Parabéns a Alba Figueiras Regengo de 3º da ESO pola súa adaptación ao ballet clásico dun fragmento de Adiós ríos...


 

Por outra banda, o alumnado de 1º ESO realizou uns fermosos deseños da nosa escritora, acompañándoos de textos da mesma. Están expostos nos corredores do 2º andar do centro:




luns, 8 de febreiro de 2021

LINGUA DE AMOR 2021

Chegou febreiro e con el o casamento dos paxariños e o valentín a guindar frechas. Un ano máis achegamos un poema de amor na nosa lingua e un vídeo con diferentes versións musicais do mesmo. Este ano escollemos a Rosalía. Aí queda un fermoso poema de amor da nosa escritora:
 
Se queres descargalo en PDF, podes facelo NESTE ENLACE.

E para poderes cantalo, aí vai o vídeo:

E XA SABES, NESTES DÍAS DE AMOR. PODES DICIRLLO OU ESCRIBIRLLO EN GALEGO