Aí queda unha selección das mellores imaxes da actuación de A Panadaría no IES Antón Losada, o pasado 7 de marzo.
elogho! Blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez da Estrada
luns, 28 de marzo de 2016
venres, 4 de marzo de 2016
A PANADARÍA NO LOSADA
Celebramos o Día da Muller con teatro, feito por mulleres, en galego.
O grupo de teatro santiagués, A Panadaría, presenta este luns, 7 de marzo, PAN! PAN! no salón de actos do IES Antón Losada.
PAN!PAN! é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns americanos. Conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado.
En escena, tres actrices constrúen 8 personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!
- Premio da Crítica Galicia 2015
- Areta Bolado Mellor Actriz Secundaria nos Premios María Casares 2015
- Nominada a Mellor Música Orixinal nos Premios María Casares 2015
- Primeiro premio Xuventude Crea 2013
Creación e interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman
Idea orixinal / texto: Areta Bolado
Música orixinal: Ailén Kendelman
Atrezzo: Isabel Mouzo
Iluminación: Montse Piñeiro
Fotografía: Pilar Abades
Deseño gráfico: Noelia Castro
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)