sábado, 25 de maio de 2024

PREMIADOS E PREMIADAS DO LOSADA NA XI FESTA DAS PALABRAS DE DINAMIZAESTRADA

Outra noite especial chea de palabras. O pasado mércores 22 de maio o Teatro Principal da Estrada ateigouse de xente para aplaudir aos gañadores e gañadoras da XI Festa das Palabras #DINAMIZAESTRADA. E claro, alí estiveron os nosos rapaces e rapazas recollendo o seu premio: Iria Pérez, Pablo Rosende, Xabier Ferro, Iago Lueiro e Joel Rivadulla (Lidia Márquez, premiada tamén, non puido asistir

Representación do Losada na Festa. Premiados/as con Ana Paarada e Xabier Camba

 Moitos parabéns a todos e a todas, e tamén a Dinamizaestrada por esta festa tan ben organizada, na que non faltou a música, da man de Lucía Azurmendi grupo. E como non, apadriñados e apadriñadas polo escritor e profesor estradense Carlos Loureiro. Podes ver moitas máis fotos da Festa AQUÍ


xoves, 23 de maio de 2024

UNHA LECCIÓN DE CINE (en galego). AS NEVES

75 alumnos/as e profes de 4º ESO e 1º BACHARELATO do Losada achegáronse no día de onte, 22  de maio, aos Minicines Central para gozar coa proxección da película AS NEVES dirixida por Sonia Méndez. 

Trátase dun filme galego ambientado nunha vila galega de montaña, As Neves, onde todos se coñecen. A noite de Entroido un grupo de adolescentes celebran unha festa e dróganse con cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a noticia de que Paula, unha das mozas da festa, desapareceu. Mentres, a vila queda incomunicada e cae Internet. Cada vez é máis urxente atopala. Iníciase unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.

                                                        Imaxes dos/das asistentes ao rematar a película.

O visionado da película non deixou indiferente a ninguén a xulgar polos comentarios posteriores á proxección e que animaron o camiño de volta ao instituto.

Ademais o Departamento de Orientación coa colaboración do EDLG elaborou un caderno de traballo que podes consultar e descargar:

As Neves. Caderno de traballo by elogolosada

martes, 21 de maio de 2024

ASÍ SERÁ A PARTICIPACIÓN DO LOSADA NA XI FESTA DAS PALABRAS DINAMIZAESTRADA 2024

Foi presentada a undécima edición da FESTA DAS PALABRAS organizada polo colectivo DINAMIZAESTRADA, que agrupa aos Equipos de dinamización da lingua galega dos dez centros educativos da Estrada.

A Festa terá lugar o 22 de maio no teatro principal ás 8 da tarde e podes consultar toda a información sobre a mesma no blog de DINAMIZAESTRADA.

O Losada, coma sempre, estará representado polo alumnado gañador dos concursos de micropoemas e microrrelatos nas súas respectivas categorías. 

Pablo Rosende, Xabi Ferro, Iria Pérez, Xoel Rivadulla, Iago Lueiro e Lidia Márquez


domingo, 12 de maio de 2024

PROXECTO VILLALTA E A CORUÑA. LETRAS GALEGAS 24



O Departamento de Artes Plásticas do Losada levou adiante o proxecto A CORUÑA DE LUÍSA VILLALTA, que presentamos nesta nova. 

Trátase dun total de 9 traballos realizados polo alumnado da materia de Expresión artística de 4º de ESO realizados a partir de candanseu poema da autora dedicado a diferentes lugares da Coruña.

O traballo está explicado nestes dous paneis:


Aí deixamos algunha foto da exposición e do alumnado participante coa súa profe Raquel. Podes ver máis imaxes AQUÍ.

Por se fose pouco, fixeron este fermoso vídeo explicando todo o proxecto:

martes, 7 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

O EDLG do Losada, a Biblioteca e o Departamento de Artes Plásticas convocan unha nova edición do Concurso Fotográfico das Letras Galegas.

Nesta ocasión poderás escoller algún dos 6 textos de Luísa Villalta  que aparecen no cartel, facer unha fotografía inspirada no que che suxira e enviala a ler.nolosada@gmail.com. Podes enviala ata o día 26 de maio.

Anímate que haberá premios para os mellores traballos.

 Os traballos finalistas exporanse no corredor da biblioteca e en días posteriores farase público o traballo gañador. Está atento/a!!!

Estes días tamén poderas aprender e gozar coa obra de Luísa Villalta. Podes descargar abaixo a publicación preparada polo EDLG Losada.

AS LETRAS DO LOSADA. LUISA ... by elogolosada