O pasado martes, 15 de maio, presentouse no Concello da Estrada a V Edición da Festa das Palabras, organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística, DINAMIZAESTRADA, e que conta coa colaboracón do Concello. No acto estaban presentes representantes dos EDL dos centros educativos e o Concelleiro de Cultura, Juan Constenla.
Desctacouse a importancia da actividade para a dinamización da lingua entre a comunidade educativa, así como o valor desta iniciativa realizada de xeito conxunto entre todos os centros educativos do Concello da Estrada.
Deuse a coñecer tamén a madriña desta nova edición, que neste caso será escritora e actriz Paula Carballeira. A parte musical da festa correrá a cargo do grupo estradense Plan Siberia, que actuou recentemente no noso centro. Podes ler a crónica e ver as fotos picando AQUÍ.
A data de celebración do evento será o próximo mércores 23 de maio, ás 20:30 no Teatro Principal da Estrada, e no mesmo serán entregados os premios aos 61 rapaces e rapazas gañadoras nesta edición do IV Concurso de micropoemas e microrrelatos, que neste ano de María Victoria Moreno debían incluír as palabras MAR e FAIADO, respectivamente.
Tamén se presentou o libro no que se recollerán os traballos gañadores, cuxa portada e marcapáxinas foron realizados pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas. A publicación inclúe, de novo, 14 ilustración realizadas polo alumnado de infantil dos sete colexios de primaria da Estrada.
Destacar que nesta ocasión estarán presentes, unha vez máis, 6 alumnos e alumnas do IES Antón Losada Diéguez, que acadaron premios nas súas catergorías.
Eva Covas, Iván Calviño, Valeria Gomes, Celia Astorga e Vanessa Agra
Por último, salientamos que nesta ocasión a presentación da V Festa das Palabras será realizada por Irene Blanco Ruzo e Rodrigo Duro Sánchez, de 1º Bacharelato do IES Antón Losada Diéguez. Outro motivo para non faltares.