elogho! Blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez da Estrada
xoves, 23 de xaneiro de 2020
O día de Castelao no Losada
Un ano máis a biblioteca do Losada Diéguez conmemora do Día de Castelao.
Unha das actividades organizadas este curso foi unha exposición ” Castelao e A terra de Montes” que estará nos corredores do centro ata final de xaneiro.
O día 30 de xaneiro a biblioteca realizará un sorteo de catro libros de Retrincos entre as persoas que cubran correctamente un cuestionario sobre a exposición. Ademais leranse algúns relatos de Cousas.
ANÍMATE E PARTICIPA NO CONCURSO!!!!
domingo, 19 de xaneiro de 2020
Concurso de micropoemas e microrrelatos DINAMIZAESTRADA 2020
Está
en marcha a sétima edición do Concurso de microrelatos e micropoemas
organizada por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos
Centros Educativos da Estrada.
Este ano as palabras escollidas foron: AMIGO, para os microrrelatos, e CABELO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos do autor escollido para as Letras Galegas do 2020, Ricardo Carvalho Calero.
Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!
Este ano as palabras escollidas foron: AMIGO, para os microrrelatos, e CABELO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos do autor escollido para as Letras Galegas do 2020, Ricardo Carvalho Calero.
Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!
Bases VII Concurso de Micro... by elogolosada on Scribd
martes, 7 de xaneiro de 2020
O calendario do 2º trimestre.
Xa podes consultar o calendario do 2º trimestre elaborado polo EDL. Nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril recóllense refráns, datos e efemérides dos mesmos. Colaboraron na súa realización Alba Lorenzo, Ricardo Santos e Marta Sinde de 3º ESO e Andrea Mosteiro de 1º BAC.
Podes consultalo, descargalo ou imprimilo aquí:
Podes consultalo, descargalo ou imprimilo aquí:
calendario19-20_2T by elogolosada on Scribd
Que tal foron as lecturas do Nadal en Galego?
Xa viches por todo o centro os carteis anunciadores de obras literarias e musicais en galego. Escolliches algún para o Nadal. En realidade podes gozar delas todo o ano:
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)