venres, 24 de marzo de 2017

A aula de Teatro Avelaíñas no Principal





MANANCIAIS DE HISTORIAS invita ao espectador a entrar no mundo da creatividade, do xogo, da cor, da fantasía, da ledicia… como elementos esenciais sobre os que se estrutura a aprendizaxe dos personaxes que transitan polas diversas historias deste espectáculo localizado nun ascensor.
A través dun traballo interpretativo coral que combina linguaxe corporal, física e verbal prodúcese unha reflexión intensa e caleidoscópica sobre unha temática variada do mundo actual: o acoso escolar, a explotación laboral, a violencia física e verbal, o consumismo, o papel da muller na sociedade actual, os contidos da publicidade, as revistas e programas do corazón, as relacións de parella…

Varias propostas escénicas ensambladas coma un delicado mecanismo de reloxería, mimadas ata o máis mínimo detalle para acadar que o espectador transite polos carreiros da emoción, da sorpresa e da fantasía. Unha obra ateigada de luz, movemento, son, cor… adicada a todos seres humanos que non teñen voz.

ESTE SÁBADO 25 DE MARZO ÁS 20:00 NO TEATRO PRINCIPAL DA ESTRADA
NON PODES FALTAR






                                                          Imaxe: Concello da Estrada

venres, 10 de marzo de 2017

Paula Carballeira no Losada


O pasado mércores, día das Mulleres, tivo lugar no Salón de actos do IES Antón Losada, unha magnífica sesión de contacontos a cargo da actriz e escritora Paula Carballeira. O alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO, e o de FP Básica gozou coas marabillosas historias da máis internacional das nosas conteiras. Aí quedan as imaxes do evento.

Eduardo Andújar e María Recio, de 2º ESO 
presentaron a Paula Carballeira 
 

Foto de familia cos rapaces e rapazas do Club de Lectura de 1º e 2º ESO







mércores, 8 de marzo de 2017

Club de Lectura. Jules Verne e o segredo das mulleres planta.

O pasado martes, 7 de marzo, tivemos unha nova sesión do Clube de Lectura de 1º e 2º ESO do IES Antón Losada. O libro escollido desta vez foi a fermosa obra de Ledicia Costas, Jules Verne e o segredo das mulleres planta.
Mentres falamos dedicamos a facer o noso propio LIBRO DAS MULLERES PLANTA.