mércores, 25 de febreiro de 2015

O IES ANTÓN LOSADA NA CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA NO MOME D´A ESTRADA

O Concello da Estrada tamén celebrou o Día de Rosalía, onte 24 de febreiro, no Museo da Madeira o Moble. Rapaces e rapazas de todos os centros educativos do concello leron poemas da autora galega. Ademais o dúo musical, Dous na Fronteira puxo a coroa musical ao evento.

En representación do IES Antón Losada Diéguez, leron cadanseu poema, Laura Espiño Dos Santos ("Que pasa ó redor de min?) e David Fernández Díaz ("A xustiza pola man"). Ambos os dous realizaron unha magnífica lectura dos mesmos e recibiron o agarimoso aplauso do público.

Aí quedan unhas fotos do evento. Tamén podes ver aquí a magnífica reportaxe gráfica da revista dixital Catrogatos.

imaxe edl losada
 imaxe de Aroa Martínez (Catrogatos)
 imaxe de Aroa Martínez (Catrogatos)
 imaxe de Aroa Martínez (Catrogatos)
imaxe de Aroa Martínez (Catrogatos)

martes, 24 de febreiro de 2015

Videos Eu Son Rosalía

Seguindo a iniciativa da AELG, Eu Son Rosaía, publicamos o primeiro vídeo no día da nosa escritora, achegado por Marcos Borrageros, alumno de 1º Bac do IES Antón Losada Diéguez.

 Parabéns, Marcos

 

Día de Rosalía

Hoxe é o seu día
Iremos poñendo neste blog todas as iniciativas levadas a cabo polo EDL Losada. E logho!!

luns, 23 de febreiro de 2015

bases concurso literario A Estrada

Aínda tés tempo de presentarte. As bases do Concurso de Microrrelatos e Micropoemas dos Centros Educativos da Estrada:


Aquí podes consultar e descargar as bases do certame

Bases Concursos Microrrelatos e Micropoemas A Estrada

mércores, 11 de febreiro de 2015

lingua de amor

Polos corredores do Losada hai moito amor na miña lingua.
E Séchu Sende ponlle as máis fermosas palabras