martes, 3 de novembro de 2026

CELEBRACIÓN SAMAIN E MAGOSTO 2026 NO LOSADA

 O pasado venres 30 pasámolo en grande na celebración do Magosto e Samaín.

Agradecer a todo o alumnado organizador de 4ºESO C e D, e a todos os participantes por facer deste un día terroríficamente divertido.

Para pasar medo volveu o photocall do terror, onde 4ºESO D puxo a disposición de todo o centro unhas frases que reflexan moitos dos medos máis temidos do Losada...


 


As castañas e os xogos tradicionais volveron a encher de sabor e risas o fin da xornada. O alumnado de 4ºESO C asou e presentou este magosto de medo!

 

E isto aínda non rematou xa que temos que coñecer esta semana os gañadores do concurso de micropesadelos 👻


martes, 27 de outubro de 2026

MAGOSTO E SAMAIN NO LOSADA

 Este venres celebraremos o tradicional magosto no instituto acompañado ca celebración do Samaín.

Grazas a todo o labor dos grupos de 4ºESO C e D poderemos desfrutar do photocall do terror, xogos, castañas asadas e un chocolate quente para rematar a xornada.

Recorda que aínda estás a tempo de participar no concurso de micropesadelos do instituto 🎃



mércores, 21 de outubro de 2026

Samaín volve ao Losada

 Achégase o Samaín e o equipo de dinamización do galego ten un novo concurso: micropesadelos!

Conta o teu pesadelo máis recurrente do Losada, o máis terrorífico posible.

Aquí tes como podes participar:

  1. Escribe o teu micro pesadelo ambientado no instituto. Pode ser nunha clase, nun recreo o cando máis medo teñas (máximo nun folio). 
  2. Pode ser escrito a man ou ordenador,e  pode estar acompañado de imaxes, canto máis terroríficas mellor.
  3. Envia o teu relato a ler.nolosada@gmail.com ou entregao no mostrador da biblioteca, indicando o teu nome completo, curso e grupo antes do 29 de outubro.
Haberá premio para o que máis medo meta!

Prepárate para o 31, máis actividades de Samain están á volta da esquina....

luns, 19 de outubro de 2026

AVELAÍÑAS TEATRO COMEZA A SÚA ACTIVIDADE NO CURSO 2026-2027


 Unha nova tempada de teatro no Losada.

A aula de teatro Avelaíñas do Losada comeza unha nova xeira de traballo neste curso 2026-2027. 

O martes 20 de outubro está convocada a sesión de presentación do grupo á que estás convidado/convidada.

Será ás 15:00 horas no salón de usos múltiples do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.

VEN PROBAR!!! 

 

 

xoves, 15 de outubro de 2026

VOLVEMOS COAS CLASES DE PANDEIRETA, UN ANO MÁIS

 

Por segundo curso consecutivo, ofrecémosvos un ámbito para expresarnos en galego.

Son as clases de pandeireta, onde ademais de pasalo ben, aprenderemos a tocar e tamén a cantar un pouquiño, coa profe Elvira.

Anímate e ven. As clases son todos os mércores ás 10:25(primeiro recreo)

luns, 5 de outubro de 2026

O ALMANAQUE DO 1º TRIMESTRE XA SE PODE DESCARGAR. CURSO 2026-2027

 

Xa está nas aulas dende o primeiro día de curso, coma sempre.

Pero agora xa o podes descargar a toda cor para poderes usalo como queiras. 

O almanaque deste curso está dedicado a un movementeo que está a levar o galego á mocidade a través das redes sociais: SON OS E AS INFLUENCERS DO GALEGO!!!

Estes primeiros catro meses do curso están dedicados a: Esther Estévez, Prado Rúa, Nuria Grandío e Antón Mazaira.

Podes descargalo picando   AQUÍ 

 

mércores, 23 de setembro de 2026

AVELAÍÑAS TEATRO 2026-2027

 


Se queres formar parte da Aula de teatro Avelaíñas, achégate á reunión que terá lugar este xoves, 24 de setembro no salón de usos múltiples ás 12:25.

Ven e goza do teatro!