Non podía faltar aquí a reseña da XIII Festa das palabras Dinamizaestrada na que o Losada estivo volveu estar representado. Foi o mércores 27 de maio, nunha noite moi especial nun Teatro Principal ateigado de palabras, música e xente. Parabéns aos nosos premiadas e premiadas ker Recio Matalobos, 2º BAC, Antía Buela Bugallo 1º BAC, Eva Calvelo Rivas 4º ESO, e Lidia Márquez Méndez 3º ESO. Tamén estiveron por alí, acompañando e entregando os premios dunha das categorías, Pablo Priege e Noelia Castaño.
Non faltou a fermosa alocución do padriño da promoción, Xosé Lueiro lemos, e a música a cargo de Gloria Pavía, cantante e ilustradora de Santiago de Compostela.

