xoves, 28 de abril de 2016

Unha tarde con Manuel María e David Otero

O martes 26 de abril, convidamos a pasar a tarde con cós ao mestre e escritor David Otero, para que nos falase de letras, palabras, poesía e de Manuel María. Antes da charla, o coro de 1º Bac do Losada interpretou a súa versión rap de Verbas a un irmao de Manuel María, ao que seguiu unha lectura de poemasa a cargo de Laura, Sandra e Giovani, de 4º, e tamén do profe Cao. Tamén foron moi aplaudidos. Por último, proxectouse un video realizado pola Biblioteca e o EDL no que varios alumnos e alumnas do centro recitaban poemas do autor chairego.

A seguir, foi a quenda de David Otero, que foi moi cariñosamente recibido por moitos dos exalumnos/as do IES nº 1, que agora estudan no Losada. Falounos moito de palabras e de poesía, e claro, de Manuel María. E xa sabes:


Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!













mércores, 27 de abril de 2016

Éxito da IV Mostra de Teatro Escolar

O pasado domingo tivo lugar unha nova edición da Mostra de Teatro Escolar organizada pola aula de Teatro Avelaíñas do IES Antón Losada e o Club de Lectura, coa colaboración do EDL. Iniciouse coa representación teatral a cargo do Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, a Aula de Teatro del CPI de Touro, a Escola Municipal de Laxe, a Aula de Teatro del IES de Melide, Teiroa Teatro, e os actores e actrices do IES Antón Losada Diéguez.

A seguir, toda a comitiva, formada por máis de 100 persoas dirixiuse á veciña parroquia de Ouzande, no que realizaron un roteiro musical, poético e teatral na fermosa contorna da Fervenza de Ouzande. O elenco de Avelaíñas Teatro realizou diversas intervencións teatrais e poéticas en diversos puntos do percorrido, que se viron complementados con intervencións teatrais e musicais de compoñentes da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, que colaborou na organización do evento.

A xornada teatral e festiva rematou no Campo da Festa de Ouzande cun xantar no que participaron todos os asistentes ao roteiro. Aí quedan as imaxes dun fermoso día de teatro, música, poesía e convivencia. Xa agardamos pola quinta edición.

Foto Faro de Vigo















xoves, 21 de abril de 2016

Manuel María a ritmo de rap.

Aí queda a version rapeada e libre do poema de Manuel María, Verbas a un irmau. Gravación realizada no Coliseum Noela, Noia, o día 8 de abril de 2016 no marco do V Encontro Musical de Secundaria e Bacharelato. Interpreta o Coro do Losada. IES Antón Losada Diéguez da Estrada.


martes, 19 de abril de 2016

V Festival de Teatro escolar na Estrada

A aula de Teatro "Avelaíñas Teatro" e o clube de lectura Retelladores do Galiñeiro, do IES Antón Losada Diéguez, pon en marcha o IV Festival de Teatro Escolar. O certame reunirá o domingo, do mesmo xeito que sucedeu o ano pasado, a cinco grupos de teatro chegados desde Palas de Rei, Touro, Laxe, Melide e o propio municipio estradense. Así, o festival comezará ás 11.00 horas no Teatro Principal da vila, a cuxas táboas subirán o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, a aula de Teatro do CPI de Touro, a Escola Municipal de Laxe, a aula de Teatro do IES de Melide, Teiroa Teatro, e os actores do IES Antón Losada Diéguez. Poñerán en escena a obra Variedades.
A seguir a comitiva teatral desprazarase á parroquia de Ouzande para realizar un Roteiro teatral, poético e musical polo contorno natural da Fervenza de Ouzande, con saída desde a igrexa parroquial ás 12.45 horas.
A actividade conta coa colaboración do EDL do Losada, do Concello da Estrada e da AC A Fervenza de Ouzande.

Imaxe da presentación do evento no Concello da Estrada. 
(La Voz de Galicia)

O video do Coro do Losada no V Encontro Musical de Noia

Aí queda a aplaudida interpretación das voces do alumnado do Losada no Auditorio Noela, en Noia, con Vexo, de Acadacanto e a versión rap de Verbas a un irmao, de Manuel María.

luns, 11 de abril de 2016

O IES Antón Losada participa no V Encontro Musical de Secundaria, celebrado en Noia.


O pasado venres 8 de abril o IES Antón Losada participou nun Encontro Musical de Alumnado de Secundaria que tivo lugar no Coliseo Noela de Noia. O evento foi organizado pola Asociación de Profesorado de Música de Secundaria de Galicia e polo IES Virxe do Mar de Noia, contando coa colaboración do concello desta localidade. No encontro, ademais do estradense, participaron centros de Boqueixón, Moaña, Nigrán, Ortigueira, Salvaterra de Miño e Noia.
O alumnado do Losada, correspondente a Primeiro de Bacharelato, e cuarto de ESO, participou con dúas pezas no concerto celebrado pola mañá. Interpretaron unha versión de Vexo, de Acadacanto 
e unha versión rap orixinal do poema Verbas a un irmau do poeta Manuel María.
A xornada completouse con diversos obradoiros formativos nos que puideron participar os rapaces e rapaces integrantes do encontro: O director de coros Ramón Bermejo impartiu o taller de voz; Leo Kch, un de rap; Narci Rodríguez, o de percusión; e Verónica Martínez, de danza. 
No IES Losada a actividade estivo coordinada polo Departamento de Música e contou coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística e da Vicedirección do centro.
Aí queda unha mostra das imaxes do evento e dos diferentes obradoiros:



martes, 5 de abril de 2016

Manuel María chega á Biblioteca do Losada

Manuel María (Outeiro de Rei, 1929-A Coruña, 2004) está presenta na Biblioteca do IES Antón Losada. Desde xaneiro mantense un recuncho dedicado á súa obra e figura, e ademais fixemos un fermoso panel cun retrato do escritor. Esta semana comezamos a publicación de diferentes videos con poemas recitados polos rapaces e rapazas do centro.



A primeira foi Nerea Fernández