O venres 3 de xuño entregáronse os premios aos finalistas do concurso fotográfico Florencio Delgado das Letras Galegas 2022. Este foi o fallo do Xurado:
FALLO DO XURADO DO
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA FLORENCIO DELGADO
LETRAS GALEGAS 2022
O Xurado do
Concurso de Fotografía Florencio Delgado das Letras Galegas 2022 valorou moi
positivamente a calidade dos traballos
presentados ao certame.
O xurado
quere facer felicitar todas os participantes polo traballo realizado.
A elección
dos gañadores e gañadoras foi realizada por votación de 20 representantes do
profesorado e doutros sectores da comunidade educativa do Losada.
Así, unha
vez feito o reconto de votos, o xurado
decidiu outorgar as seguintes mencións e premios:
-Mención
para as fotografías finalistas, que recibirán un diploma acreditativo, unha
ilustración de Maruja Roca, fotógrafa galega dos anos 40 do século XX, realizada pola ilustradora Rosa de Cabanas. As autoras e autores son:
En quinto lugar, Noa Durán Costas de
4º ESO
en cuarto lugar, Adán Cutrín Otero de
1º ESO
en terceiro lugar, Giovanni Cavalli
Caeiro de 4º ESO
e en segundo lugar, Xabier Ferro
Miranda de 4º ESO
-E primeiro premio do concurso, que
recibirá un diploma, unha ilustración de
Maruja Roca, fotógrafa galega dos anos 40 do século XX, realizada pola ilustradora Rosa de Cabanas e
un libro de banda deseñada en galego para:
Carmen Ruibal Picáns de 4º ESO
Finalistas do concurso (Foto Laura Piso)