Podes descargar o cartel aquí:
elogho! Blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez da Estrada
xoves, 22 de decembro de 2022
NADAL EN GALEGO
mércores, 21 de decembro de 2022
CIENCIA EN GALEGO NO LOSADA. AS MULLERES NAS CIENCIAS
O pasado 15 de decembro, o alumnado de 3º e 4º ESO participou activamente na charla de Xoana Pintos, catedrática en Bioloxía pola USC. Falou sobre as mulleres na ciencia, as súas grandes achegas, a invisivilidade de tantas. A actividade, organizada polo Dto de Física e Química tamén formou parte da programación do EDLG arredor do mes da ciencia en galego.
TEATRO E MÁIS TEATRO NO LOSADA
Aproveitamos esta publicación para reseñar as dúas actividades teatrais que teñen que ver co EDLG do Losada e que se realizaron no 1º trimestre
PARTICIPACIÓN NO V CERTAME DE TEATRO ESCOLAR "OLIMPIO ARCA"
O pasado 30 de novembro un un grupo de rapaces e rapazas da Aula de Teatro, Avelaíñas, do Losada participou na V Mostra de teatro Escolar Olimpio Arca Caldas, cunha adaptación do poema "Queridiña dos meus ollos" de Rosalía de Castro, realizada polo director do grupo Fran Campos No Teatro Principal da Estrada. Aplausos merecidos para a súa posta en escena.
Aí queda o vídeo da obra e unhas imaxes:
OS QUINQUILLÁNS NO LOSADA
O pasdado martes 13 o grupo Os Quinquillánsa puxo en obra A señora de Forcadela, co patrocinio do programa O pasado por vir da Deputación de Pontevedra. Magnífica e emotiva reflexión sobre as vítimas da represión da ditadura franquista a partir da recreación da vida e sufriemento da mestra Josefa García Segret.
Aí quedan algunhas imaxes do evento:
xoves, 1 de decembro de 2022
EN MARCHA O A X FESTA DAS PALABRAS. CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS DINAMIZAESTRADA
Xa está convocado o concurso de microrelatos e micropoemas organizado por
DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros
Educativos da Estrada. Este curso cumprimos xa 10 convocatorias do concurso e da Festa das Palabras.
Este ano as palabras escollidas foron: CAMIÑO, para os microrrelatos, e ESPELLO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos do autor escollido para as Letras Galegas do 2023, Francisco Fernández del Riego.
Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!
martes, 29 de novembro de 2022
V MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR OLIMPIO ARCA CALDAS
Mañá mércores, as 18:30h, imos nós, a Aula de teatro do Losada, Avelaíñas Teatro, cunha adaptación do poema "Queridiña dos meus ollos" de Rosalía de Castro, realizada polo director do grupo Fran Campos.
A entrada é gratuíta. Anímate.
sábado, 19 de novembro de 2022
Xa coñecemos os premios do Concurso de epitafios
Despois do grande éxito de participación e de calidade dos traballos presentados no concurso de epitafios, xa coñecemos os premios do evento.
O pasado xoves 17 de novembro, tivo lugar a entrega dos premios nas dúas categorías: votación popular en Instagram e premios do xurado do EDLG.
Imaxe da Biblioteca do Losada na entrega de premiosPremios outorgados polo público a través de Instagram:
1º Ángela Cabanas Gestoso e Nerea Campos Rodríguez (2ºESO A)
2º Lúa Mariña Fernández Fernández (2ºESO B)
3º Antía Buela Bugallo e Iria Requeijo Vilariño (2ºESO A)
Premios outorgados polo EDLG
1º Brais Nogueira Corral (2ºESO B)
2º María Victoria Tarrío Pampín (2ºESO B)
3º Alejandra Vega Eiras (2ºESO B)
mércores, 2 de novembro de 2022
Concurso de epitafios
Neste día dos mortos podes gozar na biblioteca do Losada cos magníficos traballos presentados ao concurso de epitafios dirixido ao alumnado de 2º ESO. Moita orixinalidade e moito humor, aínda que sexa negro.
Tamén podes participar na votación para elixir os mellores traballos na nosa nova conta de INSTAGRAM.
domingo, 16 de outubro de 2022
XA PODES DESCARGAR O ALMANAQUE DO 1º TRIMESTRE!
Comezamos cos meses do primeiro trimestre: outubro, novembro e decembro.
martes, 27 de setembro de 2022
VEN FACER TEATRO CON NÓS.
A AULA DE TEATRO AVELAÍAS dá comezo as súas actividades no presente curso 2022-2023. Todo o alumnado interesado en informarse da iniciativa está convocado a unha reunión o mércores 28 de setembro ás 12:25 no salón de usos múltiples. Presentaremos os horarios, obxectivos e características da activiade así como ao director da aula de teatro, o actor e dinamizador Fran Campos, que xa estivo con nós o curso pasado.
Se che gusta facer teatro ou probar a experiencia, achégate!
martes, 21 de xuño de 2022
A REVISTA DO LOSADA PARA TI
Desde este luns xa circula de man en man a nosa publicación. Moitas páxinas con artigos, entrevistas, reportaxes, ilustración, creación, unha fermosa capa a toda cor deseñada por Lucas, Uxía R. e Gris.
Se aínda non a tés, fai por conseguila. E se queres descargala a toda cor podes facelo aquí:
martes, 14 de xuño de 2022
AVELAÍÑAS TEATRO PON EN ESCENA O SEU ÚLTIMO PROXECTO DO CURSO
O salón de usos múltiples do Losada serviu de escenario para a posta en escena do último proxecto teatral da aula de teatro do Losada, Avelaíñas. Foi a pasada tarde do 14 de xuño cando o grupo representou a obra Porteira es ti. Moitas risas pero tamén moita reflexión sobre un tema tan importante como a violencia de xénero.
Parabéns a todos os compoñentes do grupo e ao seu director Fran Campos que levaron adiante tres proxectos teatrais neste curso, ademais de facer un traballo dinamizador teatral moi importante.
Aí quedan algunhas fotos da representación.
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO FOTOGRÁFICO DAS LETRAS GALEGAS
O venres 3 de xuño entregáronse os premios aos finalistas do concurso fotográfico Florencio Delgado das Letras Galegas 2022. Este foi o fallo do Xurado:
FALLO DO XURADO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA FLORENCIO DELGADO
LETRAS GALEGAS 2022
O Xurado do Concurso de Fotografía Florencio Delgado das Letras Galegas 2022 valorou moi positivamente a calidade dos traballos presentados ao certame.
O xurado quere facer felicitar todas os participantes polo traballo realizado.
A elección dos gañadores e gañadoras foi realizada por votación de 20 representantes do profesorado e doutros sectores da comunidade educativa do Losada.
Así, unha vez feito o reconto de votos, o xurado decidiu outorgar as seguintes mencións e premios:
-Mención para as fotografías finalistas, que recibirán un diploma acreditativo, unha ilustración de Maruja Roca, fotógrafa galega dos anos 40 do século XX, realizada pola ilustradora Rosa de Cabanas. As autoras e autores son:
En quinto lugar, Noa Durán Costas de 4º ESO
en cuarto lugar, Adán Cutrín Otero de 1º ESO
en terceiro lugar, Giovanni Cavalli Caeiro de 4º ESO
e en segundo lugar, Xabier Ferro Miranda de 4º ESO
-E primeiro premio do concurso, que recibirá un diploma, unha ilustración de Maruja Roca, fotógrafa galega dos anos 40 do século XX, realizada pola ilustradora Rosa de Cabanas e un libro de banda deseñada en galego para:
Carmen Ruibal Picáns de 4º ESO
Finalistas do concurso (Foto Laura Piso)
xoves, 2 de xuño de 2022
O LOSADA NA IX FESTA DAS PALABRAS
O pasado mércores, 25 de maio, tivo lugar a novena edición da Festa das Palabras organizada polos equipos de dinamización lingüística dos centros educativos da Estrada (DINAMIZAESTRADA).
O noso centro tivo unha moi boa representación na mesma, pois ademais dos premiados e premiadas por cada categoría, subiron tamén ao escenario as profes Carmen e Inés para entregar premios.
E non esquecemos que nesta edición a presentación e conducción, maxistral por certo, da festa foi realizada por Cristian e Inés, de 2º Bacharelato do noso centro.
Aí quedan imaxes do noso paso pola festa:
Podes ler unha completa crónica e ver as fotos e vídeo da IX Festa das Palabras na web de DINAMIZAESTRADA
mércores, 1 de xuño de 2022
ESTREA DO NOTICIARIO LOSADA DO PROXECTO DINAMIZA TV
Hoxe, mércores 1 de xuño de 2022, ás 12 da mañá na canle de Youtube do Concello da Estrada, tiña lugar a estrea do Noticiario Losada, que se fixo dentro do proxecto Dinamiza TV impulsado polo Concello da Estrada.
O noticiario foi realizado por un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO, que traballaron nos últimos meses na selección de temas, gravación de reportaxes e por fin na gravación do noticiario no Teatro Principal da Estrada.
Aí quedan imaxes do proceso e o vídeo. Parabéns polo traballo!!!
domingo, 22 de maio de 2022
CHEGA A IX FESTA DAS PALABRAS DINAMIZAESTRADA
martes, 17 de maio de 2022
LETRAS GALEGAS 2022
No Losada estamos a voltas cos seus poemas e as imaxes que nos suxiran.
Podes consultar máis info sobre o concurso no BLOG DA BIBLIOTECA
luns, 28 de marzo de 2022
Publicado o calendario do terceiro trimestre do curso 2021-2022
A continuación podes descargar e imprimir o calendario deste terceiro trimestre:
martes, 22 de febreiro de 2022
23 de abril. Día de Rosalía no Losada
Despois de que a última documentación descuberta recentemente testemuñe que o verdadeiro día de nacemento de Rosalía de Castro foi o 23 de febreiro de 1837, imos celebrar logo esta data, como todos os anos.
Como ves, este ano a celebración vai ser teatral. Un grupo de 8 rapaces e rapazas que forman parte da Aula de Teatro do Losada, Avelaíñas, van poñer en escena dúas pezas baseadas en poemas de Rosalía de Castro: Miña santiña, e Queridiña d´os meus ollos, adaptadas polo director do aula, Fran Campos. O alumnado de 1º e de 2º ESO foi o escollido para poder gozar co espectáculo. Prometemos fotos.
domingo, 13 de febreiro de 2022
LINGUA DE AMOR 2022
Chegou febreiro e con el o casamento dos paxariños e o valentín a guindar frechas. Un ano máis achegamos un poema de amor na nosa lingua e un vídeo con diferentes versións musicais do mesmo. Este ano escollemos a Castelao, e o seu poema Lela. Aí queda o texto:
E SE O QUERES CANTAR, AÍ TES O VIDEO QUE PREPARAMOS ESTE ANO:
domingo, 9 de xaneiro de 2022
O almanaque do 2º trimestre
Comezamos o 2022 cunha nova entrega do calendario do EDLG, que che pode axudar a organizáreste e co que podes aprender algunha cousiña sobre a nosa cultura e historia.
Podes descargalo e imprimilo aquí:
sábado, 8 de xaneiro de 2022
Así foi a estrea de Avelaíñas teatro neste curso 2021-2022
O pasado 21 de decembro pola tarde, xusto antes das vacacións de Nadal, produciuse a posta en escena do traballo realizado pola aula de teatro Avelaíñas no primeiro trimestre. O numeroso grupo, formado principalmente por alumnado de 1º ESO, pero tamén de 2º e 3º representou un total de 6 pezas que tiveron como fío condutor o Nadal. Moito bo facer e moita diversión da que gozou o resto do alumnado da ESO do centro, a cargo deste magnífico grupo de rapaces e rapazas dirixidas por Fran Campos. Parabéns. Aí queda algunha imaxe. Podes ver máis no blog da Biblioteca.