luns, 19 de decembro de 2016

Nadal en Galego 2016

Un ano máis aí quedan as nosas propostas para gozares coa lingua este Nadal.



E aquí podes compartilo, imprimilo, descargalo...

martes, 13 de decembro de 2016

AVELAÍÑAS TEATRO no PRINCIPAL DA ESTRADA

O próximo domingo, o grupo de teatro do IES Antón Losada Diéguez, fai a presentación do seu traballo neste primeiro trimestre, coa posta en escena de FANTAMIMO. Non podes perdela.

 Cartel anunciador da actividade

Cadeira realizada para o espectáculo por parte 
do alumnadoe profesorado do ciclo de Madeira 
do Losada

venres, 2 de decembro de 2016

Etiquetas no Losada

O pasado 29 de novembro tivo lugar un acontecemento teatral ao que asistiron 300 alumnos do IES Antón Losada. Tratábase da posta en escena de Etiquetas, representada polo actor galego, de Palas de Rei, Óscar Varela. Aí quedan as reseñas da obra de Yaiza Magariños e de Adrián García, e unhas imaxes do evento.

Neste monólogo, o actor, interpretando a un vagabundo, amosa como nesta sociedade na que vivimos deixámonos guiar máis polos prexuízos, ou pola apariencia dar persoas, que por como son en realidade, xa que moitas veces non lle damos a oportunidade de conversar, polas impresión que nos transmiten.
A peza teatral está enfocada no desexo dun home de deixar atrás as crenzas e as “etiquetas” pasa do paso a un mundo no que todos poidamos convivir, sen ser rexeitados por un grupo de persoas. Só por ser diferentes, e no que todos teñas as mesmas posibilidades.
Óscar expresa estes conceptos, vestíndose de vagabundo, e logo de executivo, que non por ter un traxe é mellor persoa. Ao final da representación pide que nos afastemos de todo tipo de prexuízo e que sexamos nos mesmos.

Yaiza Magariños Vilariño, 2º BACH - A

O pasado martes 29 de Novembro tivo lugar no instituto Antón Losada Diéguez, a peculiar obra de teatro “Etiquetas”, de Óscar Varela. Este, facendo un monólogo, removeu conciencias gracias ao coñecido Teatro social, que consiste en criticar algo mediante a interpretación. Neste caso, Óscar Varela, criticou os prexuizos que impón a sociedade. Interpretando a un indixente, deixa ver como a sociedade rechaza o diferente, repele ao distinto o “estandar”. Pobre, apestoso, gorda… estes son alguns dos obxectivos que utiliza o monologuista para profundizar na obra. Tras unha breve introducción por parte dalgúns alumnos de cuarto da ESO comenzou a actuación, e tras rematala comenzou a ronda de preguntas. Nesta última parte xurdiron preguntas interesantes como “Por que un monólogo” ou “É máis fácil unha obra con compañeiros en escena ou un monólogo?”. O galego contestou “porque é un reto sempre estar no escenario, non tes o calor dos teus compañeiros” e “ respecto a segunda pregunta, é un pouco o que dixen antes, non tés ese respaldo que che ofrecen os outros actores, os teus compañeiros”. Houbo criticas moi positivas e o actor estaba encantado de poder remover as conciencias dos xoves.

José Adrián García Rivas 2º BAC A

(Transcribiron os textos, Eva Cimadevila e Inés Guimarey de FPB2)
 
Lorena, Paula, Verónica e Laura presentaron o espectáculo




xoves, 1 de decembro de 2016

AVELAÍÑAS TEATRO na Homenaxe ao mestre Olimpio Arca

O martes 29 de novembro celebrouse no Principal da Estrada unha Homenaxe Teatral no 2º cabodano do pasamento do mestre e escritor Olimpio Arca Caldas, organizada pola Asociación Vagalumes. O seu labor docente complementábase co de autor de moitas obras de teatro que mesmo utilizaba como ferramenta pedagóxica, no que foi un verdadeiro precursor. No acto participaron varios centros educativos da Estrada, entre os que estaba o IES Antón Losada Diéguez, a través do seu grupo Avelaíñas Teatro, que pechou o evento coa magnífica posta en escena dunha serie de puquenas pezas que arrincaron os aplausos dos asistentes. Parabéns e aí quedan algunhas imaxes.