Aínda estás a tempo. O próximo 8 de marzo remata o prazo de entrega de traballos da 3ª edición do concurso de microrrelatos e micropoemas. Gaiola e orballo foron as palabras escollidas para cada unha das modalidades. Anímate e presenta a túa creación. As bases xa están polos corredores do centro:
Tamén podes consultalas aquí, e mesmo descargalas e imprimilas, se queres:
elogho! Blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez da Estrada
domingo, 28 de febreiro de 2016
xoves, 25 de febreiro de 2016
O alumnado do Losada recita Xan, no Día de Rosalía no Mome
Uxía, María, Verónica e Damián recitando Xan no Día de Rosalía no MOME, organizado polo Concello da Estrada.
O IES Losada no Dia de Rosalía no Mome da Estrada
Uxía Rodríguez, Verónica Vázquez, María Troitiño e Damián Campos representaron no Día de Rosalía no MOME ao IES Antón Losada Diéguez cun magnífico recitado do poema Xan. No acto participaron rapaces e rapazas de todos os colexios e institutos da Estrada, facendo as delicias do público que enchía o Museo da Madeira da Estrada. O acto estivo conducido por Xosé Lueiro e tivo un magnífico remate musical co grupo Cantar a mares. Aí quedan as imaxes:
Uxía, Verónica, María e Damián, recitando Xan
Público asistente
Cantar a mares
Outro momento da lectura
mércores, 24 de febreiro de 2016
MobilizaRosalía no Losada.
No día de hoxe, 24 de febreiro de 2016, celebramos un ano máis o Día de Rosalía. Respondendo á iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega(AELG), convocamos a toda a comunidade educativa a enviar de xeito coordinado e masivo os seus chíos nas redes sociais. Nos dous recreos, xuntáronse na Biblioteca todos e todas os que quixeron participar. Desde a conta de Twitter do EDL Losada tamén colaboramos co evento. Aí quedan as imaxes da xornada, que conseguíu que Rosalía de Castro fose un dos grandes temas do día nas redes sociais.
Todo preparado na Biblioteca
Pablo, Damián, Nico, Brais e David, foron dos máis activos
nos chíos
No segundo recreo tamén houbo animación
martes, 23 de febreiro de 2016
O IES Antón Losada participa no DÍA DE ROSALÍA NO MOME DA ESTRADA
O Concello da Estrada organiza, un ano máis, o día De Rosalía. Rapaces e rapazas de diferentes centros educativos participarán na lectura de poemas da nosa escritora. O IES Antón Losada estará representado por Verónica Vázquez (3º), Damián Campos (4º), Uxía Rodríguez e María Troitiño (2º ESO), que lerán o poema XAN.
Aí queda un fermoso vídeo, editado polo Concello da Estrada, no que diversas persoas recitan o poema A XUSTIZA POLA MAN. Varias caras coñecidas do IES Antón Losada, entre as participantes.
luns, 22 de febreiro de 2016
24n DÍA DE ROSALÍA NO LOSADA
Celebramos o Día de Rosalía 2016, conmemorando, como todos os anos, a data de nacemento da nosa escritora. Nesta ocasión consistirá no envío masivo de chíos (tweets) cos versos: Trocando en sonrisas/ Queixiñas e choros co hastag #mobilizarosalía acompañando unha imaxe alusiva a Rosalía.
Realizarase na Biblioteca do IES Antón Losada no 1º e 2º recreo. A actividade está organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística e pola Biblioteca.
mércores, 17 de febreiro de 2016
o galego, lingua de amor no Losada
Nesta semana o galego foi lingua de amor. Adhesivos "Quérote na miña lingua" repartidos, unha vez máis con gran aceptación, por todo o centro, carteis,... corazóns de amor, e como banda sonora o poema de Cunqueiro musicado por Luís Emilio Batallán, Quen puidera namorala. Un video con diferentes versións do tema amenizou a entrada e a biblioteca do centro.
O vídeo
As imaxes
O EDL do Losada tamén participou na Homenaxe a Balbino.
O pasado 29 de xaneiro tivo lugar no Teatro Principal da Estrada unha lectura pública e continuada de Memorias dun Neno Labrego, do escritor Xosé Neira Vilas, recentemente falecido. Na actividade, organizada pola AC Vagalumes Terra de Montes e coa colaboración dos centros de ensino, participou unha boa respresentación do IES Antón Losada Diéguez, que leu magnificamente os capítulos O MEU AMIGO e SACRISTÁN.
Aí queda o testemuño gráfico e audiovisual
Aí queda o testemuño gráfico e audiovisual
Verónica Vázquez
Elena Bernárdez
Giovanni Fariña
Damián Campos
Uxía Rodríguez
Óscar López
David Fernández
Marcos Borrageros
Esteban Amigo
David Botana e Antía Sala
Fotos do Teatro de Nadal do alumnado de 2º de Figueiroa
E aí van as fotos da representación teatral de nadal levada a cabo polo alumnado de 2º de primaria do CEIP de Figueiroa, que rematou coa interpretación da coñecida panxoliña Con un sombreiro de palla.
Parabéns a eles a a profe Carme pola actución.
Parabéns a eles a a profe Carme pola actución.
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)