Aí quedan as mellores imaxes da posta en escena da creación teatral de AVELAÍÑAS DO LOSADA coa que nos agasallou este fin de trimestre. Moitos risos e moitos aplausos. Parabéns!!!
Pica na imaxe para ver as mellores fotos.
elogho! Blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez da Estrada
Aí quedan as mellores imaxes da posta en escena da creación teatral de AVELAÍÑAS DO LOSADA coa que nos agasallou este fin de trimestre. Moitos risos e moitos aplausos. Parabéns!!!
Pica na imaxe para ver as mellores fotos.
O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez celebrou un ano máis o Día da ciencia en galego. Oficilamente no mes de novembro, o Departamento de Ciencias Naturais e o Equipo de dinamización da lingua galega escolleron a data de hoxe para esta actividade que reivindica a utilización do galego na ciencia e que serve, ademais, para divulgar entre o alumnado e a comunidade educativa os estudos de caracter científico.
Os grupos de 2º de ESO encargáronse de preparar unha serie de Mesas científicas que tocaban diferentes materias deste ámbito.
Así, na mesa de XEOLOXÍA os asistentes podían facer unha actividade de palentoloxía coa excavación e clasificación de materiais, ou aprender sobre a tectónica de placas cunha maqueta de sudución dos continentes elaborada polos pequenos científicos de 2º ESO.
Na mesa de QUÍMICA eran quen de transformar moedas de cobre en moedas de ouro ou prata ou tamén de meter un ovo nun matraz sen rompelo.
No posto dedicado á BIOLOXÍA facían demostracións que nos axudan a saber o que comemos con análises do amidon que teñen moitos alimentos, como o friame, o pan ou o plátano.
E na mesa das MATEMÁTICAS, FÍSICA E TECNOLOXÍA fixeron experimentos sobre estatísticas, os obxectos que caen antes e os tipos de plásticos.
Todo isto acompañado de abundantes infografías con datos e personaxes do mundo da ciencia, elaborados polo alumnado e pendurados nas diferentes mesas.
Para animar a participación do alumnado e do profesorado realizaron unha ficha na que os visitantes podían responder ás preguntas e retos sobre as experiencias montadas.
A actividade realizouse nos recreos da mañá de hoxe, sendo o resultado de semanas de traballo do alumnado de 2º ESO.
E demostrouse, unha vez mais, que o galego tamén vale para a ciencia.
Picando na imaxe poderas ver as mellores fotos da actividade.
A Aula de tearo AVELAÍÑAS DO LOSADA porá en escena o proxecto teatral no que ven traballando este trimestre e que xa puido ser presenciado por numeroso público no Teatro Principal da Estrada na VII mostra de teatro Olimpio Arca o pasado novembro.
Trátase do divertimento teatral A VIDA É UN CÁSTING, composta dunha serie de escenas arredor das escollas que temos que facer habitualmente nas nosas vidas.
A representación terá lugar o martes 17 de decembro no salón de actos do Losada:
16:30 para os grupos de 2º ESO e 1º BAC
17:20 para os grupos de 3º e 4º ESO
Parabéns polo traballo!!! E a seu dire Fran Campos tamén.
As mellores fotos da obra AQUÍ