Amosando publicacións coa etiqueta pelexa no souto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pelexa no souto. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de xuño de 2024

OUTRO CURSO DE MOITO TEATRO NO LOSADA

A aula de teatro AVELAÍÑAS do Losada forma parte do proxecto que leva adiante todos os anos o EDLG do centro. Un curso máis un grupo de 20 rapaces e rapazas traballou duro todos os martes, e algúns días máis para levar o galego ao escenario e compartilo con todos nós. Este ano, ademais da participación na homenaxe a Olimpio Arca. 

Nunha nova anterior explicamos o programa de funcións do grupo e aquí deixamos unha foto do grupo ao final das mesmas, acompañado polas fillas de Olimpio Arca, profesora e escritor autor da obra escollida para este ano. Podes picar nela e ver todas as fotos.

Queremos felicitar a todos e todas as compoñentes do grupo, así como ao seu director Fran Campos, polo magnífico traballo realizado este curso. Viva o teatro no Losada!

E podes gozar coa obra completa neste vídeo:

domingo, 16 de xuño de 2024

SEMANA DE MOITO TEATRO NO LOSADA

Esta semana, a última do curso, a aula de teatro Avelaíñas do Losada estreará a peza teatral na que levan traballando estes meses. Trátase dun clásico do teatro estradense: Pelexa no Souto, do inesquecible profesor e escritor Olimpio Arca Caldas. Ecoloxía, terra, valores, respecto e tamén moito humor nesta obra que sempre está de actualidade.

Cartel e elenco da obra (deseño Brais Nogueira Corral)
 
A redacción do EDLG coouse nun ensaio de Avelaíñas e puidemos tirar algunha foto. A cousa promete.
 
Aquí queda o programa de actuacións para esta última semana teatral do curso:

18 de xuño, martes

Estrea da obra Pelexa no souto, de Olimpio Arca Caldas, a cargo da aula de teatro Avelaíñas do Losada.
Lugar: salón de usos múltiples.
Horario: 16:30 a 17:20
Grupos: 1º ESO e 3º ESO

19 de xuño, mércores

Posta en escena da obra Pelexa no souto, de Olimpio Arca Caldas, a cargo da aula de teatro Avelaíñas do Losada no IES O Carril (Vilagarcía de Arousa)

20 de xuño, xoves

Posta en escena da obra Pelexa no souto, de Olimpio Arca Caldas, a cargo da aula de teatro Avelaíñas.
Lugar: Salón de usos múltiples
Horario: 13:35 a 14:25
Grupos: 2º ESO, 4º ESO e 1º BAC
 
20 de xuño, xoves
Posta en escena da obra Pelexa no souto, de Olimpio Arca Caldas, a cargo da aula de teatro Avelaíñas.
Lugar: Salón de usos múltiples
Horario: 21 horas
Destinado a familias e público en xeral. Entrada gratuíta.