Ana Parada, orientadora do centro e Raquel Rodríguez profe de Plástica, entregaron en representación do EDLG os premios do concurso de fotografía "As palabras de Luísa Villalta".
Achegamos a acta do xurado e a imaxe da entrega de premios.
FALLO DO XURADO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XELA ARIAS
LETRAS GALEGAS 2024
O Xurado do Concurso de Fotografía AS PALABRAS DE LUÍSA VILLALTA das Letras Galegas 2024 valorou moi positivamente a cantidade e calidade dos traballos presentados ao mesmo.
Foi complicado facer a escolla das imaxes finalistas que reuniron orixinalidade, calidade e adecuación ao poema escollido por cada unha delas.
O xurado quere facer felicitar a estes finalistas e a todos e todas os participantes polo traballo realizado.
A elección dos gañadores e gañadoras foi realizada por votación de 20 representantes do profesorado e doutros sectores da comunidade educativa do Losada.
Así, unha vez feito o reconto de votos, o xurado decidiu outorgar as seguintes mencións e premios:
-Mención para 3 das fotografías finalistas, que recibirán unha lámina da deseñadora Rosa de Cabanas na que se retrata a Maruja Roca, unha das primeiras fotógrafas galegas e un bolígrafo do Losada.
Son:
Lois Fieiro Ameijeiras, de 1º ESO B
Iria Pérez Martínez, de 4º ESO A
Lara Rey Rosende, de 4º ESO B
-Segundo premio do concurso que recibirá unha lámina como as anteriores, un bolígrafo do Losada e o libro de fotos antigas da Estrada, IMAXES PARA A LEMBRANZA, para
Lía Vieites Carballo de 1º BAC B
-E primeiro premio do concurso, que recibirá unha lámina como as anteriores, un bolígrafo do Losada e unha fotografía do artista estradense Alberte Peiteavel con enmarcación artesá de Casal de Creación para:
Enma Duro Sanmartín 4º ESO B
Ningún comentario :
Publicar un comentario