A aula de Teatro "Avelaíñas Teatro" e o clube de lectura Retelladores do Galiñeiro, do IES Antón Losada Diéguez, pon en marcha o IV Festival de Teatro Escolar. O certame reunirá o domingo, do mesmo xeito que sucedeu o ano pasado, a cinco grupos de teatro chegados desde Palas de Rei, Touro, Laxe, Melide e o propio municipio estradense. Así, o festival comezará ás 11.00 horas no Teatro Principal da vila, a cuxas táboas subirán o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, a aula de Teatro do CPI de Touro, a Escola Municipal de Laxe, a aula de Teatro do IES de Melide, Teiroa Teatro, e os actores do IES Antón Losada Diéguez. Poñerán en escena a obra Variedades.
A seguir a comitiva teatral desprazarase á parroquia de Ouzande para realizar un Roteiro teatral, poético e musical polo contorno natural da Fervenza de Ouzande, con saída desde a igrexa parroquial ás 12.45 horas.
A actividade conta coa colaboración do EDL do Losada, do Concello da Estrada e da AC A Fervenza de Ouzande.
Imaxe da presentación do evento no Concello da Estrada.
(La Voz de Galicia)
Ningún comentario :
Publicar un comentario