mércores, 27 de abril de 2016

Éxito da IV Mostra de Teatro Escolar

O pasado domingo tivo lugar unha nova edición da Mostra de Teatro Escolar organizada pola aula de Teatro Avelaíñas do IES Antón Losada e o Club de Lectura, coa colaboración do EDL. Iniciouse coa representación teatral a cargo do Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, a Aula de Teatro del CPI de Touro, a Escola Municipal de Laxe, a Aula de Teatro del IES de Melide, Teiroa Teatro, e os actores e actrices do IES Antón Losada Diéguez.

A seguir, toda a comitiva, formada por máis de 100 persoas dirixiuse á veciña parroquia de Ouzande, no que realizaron un roteiro musical, poético e teatral na fermosa contorna da Fervenza de Ouzande. O elenco de Avelaíñas Teatro realizou diversas intervencións teatrais e poéticas en diversos puntos do percorrido, que se viron complementados con intervencións teatrais e musicais de compoñentes da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, que colaborou na organización do evento.

A xornada teatral e festiva rematou no Campo da Festa de Ouzande cun xantar no que participaron todos os asistentes ao roteiro. Aí quedan as imaxes dun fermoso día de teatro, música, poesía e convivencia. Xa agardamos pola quinta edición.

Foto Faro de Vigo















Ningún comentario :

Publicar un comentario