xoves, 28 de abril de 2016

Unha tarde con Manuel María e David Otero

O martes 26 de abril, convidamos a pasar a tarde con cós ao mestre e escritor David Otero, para que nos falase de letras, palabras, poesía e de Manuel María. Antes da charla, o coro de 1º Bac do Losada interpretou a súa versión rap de Verbas a un irmao de Manuel María, ao que seguiu unha lectura de poemasa a cargo de Laura, Sandra e Giovani, de 4º, e tamén do profe Cao. Tamén foron moi aplaudidos. Por último, proxectouse un video realizado pola Biblioteca e o EDL no que varios alumnos e alumnas do centro recitaban poemas do autor chairego.

A seguir, foi a quenda de David Otero, que foi moi cariñosamente recibido por moitos dos exalumnos/as do IES nº 1, que agora estudan no Losada. Falounos moito de palabras e de poesía, e claro, de Manuel María. E xa sabes:


Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!













Ningún comentario :

Publicar un comentario