xoves, 23 de maio de 2024

UNHA LECCIÓN DE CINE (en galego). AS NEVES

75 alumnos/as e profes de 4º ESO e 1º BACHARELATO do Losada achegáronse no día de onte, 22  de maio, aos Minicines Central para gozar coa proxección da película AS NEVES dirixida por Sonia Méndez. 

Trátase dun filme galego ambientado nunha vila galega de montaña, As Neves, onde todos se coñecen. A noite de Entroido un grupo de adolescentes celebran unha festa e dróganse con cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a noticia de que Paula, unha das mozas da festa, desapareceu. Mentres, a vila queda incomunicada e cae Internet. Cada vez é máis urxente atopala. Iníciase unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.

                                                        Imaxes dos/das asistentes ao rematar a película.

O visionado da película non deixou indiferente a ninguén a xulgar polos comentarios posteriores á proxección e que animaron o camiño de volta ao instituto.

Ademais o Departamento de Orientación coa colaboración do EDLG elaborou un caderno de traballo que podes consultar e descargar:

As Neves. Caderno de traballo by elogolosada

Ningún comentario :

Publicar un comentario