Outra noite especial chea de palabras. O pasado mércores 22 de maio o Teatro Principal da Estrada ateigouse de xente para aplaudir aos gañadores e gañadoras da XI Festa das Palabras #DINAMIZAESTRADA. E claro, alí estiveron os nosos rapaces e rapazas recollendo o seu premio: Iria Pérez, Pablo Rosende, Xabier Ferro, Iago Lueiro e Joel Rivadulla (Lidia Márquez, premiada tamén, non puido asistir.
Moitos
parabéns a todos e a todas, e tamén a Dinamizaestrada por esta festa tan
ben organizada, na que non faltou a música, da man de Lucía Azurmendi grupo. E como non, apadriñados e apadriñadas polo escritor e profesor estradense Carlos Loureiro. Podes ver moitas máis fotos da Festa AQUÍ
Ningún comentario :
Publicar un comentario