domingo, 12 de xuño de 2016

Teatro no Losada a cargo do alumnado do CEIP Figueiroa

O pasado mércores, 8 de xuño, un grupo de 26 rapaces e rapazas de 2º de primaria do CEIP Figueiroa, achegouse ao IES Antón Losada para poñer en escena a obra "Breve historia da fada Mariña e o Mago Soprón". Tamén leron un fermoso manifesto sobre as Letras Galegas e o galego, titulado Puro sentimento.
O grupo, que actuaba por segunda vez neste curso no Losada, fixo as delicias do público de 2º e 3º ESO, que aplaudiu cariñosamente a representación.




Ningún comentario :

Publicar un comentario