venres, 3 de xuño de 2016

III Festa das Palabras. As imaxes

O pasado 26 de maio, un abarrotado Teatro Principal da Estrada acolleu a III Edición da Festa das Palabras na que se entregaban os premios do Concuros de microrrelatos e micropoemas organizados polos EDL dos centros educativos da Estrada, DINAMIZAESTRADA.
A presentación correu a cargo do alumnado do IES nº Un, e a banda sonora correspondeulle ao grupo Nai, que fixeron as delicias dos asistentes. (Imaxes de Jano Sanmartín)
Foi tamén moi aplaudido o padriño desta nova xeración de xoves creadores, o mestre e escritor David Otero, que non se cansou de asinar libros...
Aí quedan as mellores imaxes da xornada, na que, unha vez máis o alumnado do Losada estivo presente. Parabéns a todos.
David Otero, o padriño da Festa.
As presentadoras e presentador.
Terceira pola esquerda, Yolanda Blanco.
Primeiro pola dereita, Óscar López, e á beira Sergio López.
Segundo pola dereita, Miguel Goldar
Segunda pola dereita, Cristina Núñez, e quinta, Eva Coto.
Grupo Nai. Fofi, exalumno do Losada, Patricia e Marcos.

Ningún comentario :

Publicar un comentario