domingo, 21 de xuño de 2026

O TEATRO PROPICIA XORNADAS DE CONVIVENCIA E IRMANAMENTO ENTRE O NOSO CENTRO E O IES JOHAN CARBALLEIRA


O mércores 16 e o xoves 17 de xuño quedarán marcados no calendario do curso como dúas intensas xornadas de teatro na nosa lingua e de convivencia e irmanamento entre o noso centro e o IES Johan Carballeira de Bueu a través dos seus grupos de teatro.

O mércores recibimos no Losada a visita do alumnado do grupo de teatro do centro educativo de Bueu, Comediantes anónimos, para poñer en escena a obra Aquí cheira a tigre, unha interesante e actual reflexión sobre as relacións e dinámicas entre un grupo de alumnos dun centro educativo calquera. O grupo, dirixido por Fran Paredes, colleitou o aplauso do alumnado e profesorado do Losada asistente á posta en escena. Pero a visita non quedou aí, pois a seguir os nosos convidados e convidadas foron guiados polo alumnado de Avelaíñas Teatro nun percorrido cultural e literario polas rúas da Estrada, que serviu para presentarlles os aspectos e personaxes máis destacados do noso concello.

Ao volver, comartiron xantar na cafetería do Losada, antes de despedírense, citándose xa para o día seguinte en Bueu.

Podes ver as mellores fotos da xornada picando na imaxe:

E o xoves a aula de teatro Avelaíñas do Losada, dirixida por Fran Campos tivo a ocasión de presentar a súa particular versión de Romeo e Xulieta nas magníficas instalacións do centro bueués. Moi recompensada coa ovación do público asistente. Despois foron guiados polo grupo anfitrión a unha visita á vila de Bueu aproveitando o roteiro do río Bispo ata a praia de Banda do Río. E como non, compartiron xantar e continaron afianzando lazos de amizade para o futuro.

E aínda houbo tempo para desprazarse a Cangas e achegarse a Vigo en barco para gozar da cidade olívica. 

As mellores fotos da visita, picando na imaxe:

Volveremos encontrarnos 

 

NOVA PRODUCIÓN TEATRAL. AVELAÍÑAS PECHA O 2025-2026 PRESENTANDO ROMEO E XULIETA


A Aula de Teatro Avelaíñas do Losada, completa con éxito un novo curso de obradoiro teatral. A última semana do curso puxo en escena, magnificamente,  a súa particular adaptación do Romeo e Xulieta,  que fixo as delicias do público e para a que levaban traballando estes dous últimos trimestres.

Os pases para o alumnado foron o día 16 pola tarde e pola noite para as familias 

A última posta en escena que foi o xoves 18 de xuño no IES Johan Carballeira de Bueu, á que dedicaremos a seguinte entrada neste blog, así como a crónica da visita do seu grupo de teatro que actuou para a comunidade educativa do Losada o mércores 17 de xuño.

Para quen non puido gozar de Romeo e Xulieta en directo, aí queda o pase íntegro realizado o 16 de xuño para o público xeral no Losada.

 
 
E aquí unha selección das mellores imaxes dos pases no Losada, picando na imaxe:
 

 


 


luns, 15 de xuño de 2026

ASÍ FOI A PARTICIPACIÓN DO EDLG LOSADA NA XIII FESTA DAS PALABRAS

 

Non podía faltar aquí a reseña da XIII Festa das palabras Dinamizaestrada na que o Losada estivo volveu estar representado. Foi o mércores 27 de maio, nunha noite moi especial nun Teatro Principal ateigado de palabras, música e xente. Parabéns aos nosos premiadas e premiadas ker Recio Matalobos, 2º BAC, Antía Buela Bugallo 1º BAC, Eva Calvelo Rivas 4º ESO, e Lidia Márquez Méndez 3º ESO. Tamén estiveron por alí, acompañando e entregando os premios dunha das categorías, Pablo Priege e Noelia Castaño.

Non faltou a fermosa alocución do padriño da promoción, Xosé Lueiro lemos, e a música a cargo de Gloria Pavía, cantante e ilustradora de Santiago de Compostela.


 
 

mércores, 27 de maio de 2026

O LOSADA PARTICIPA NUNHA NOVA EDICIÓN DA FESTA DAS PALABRAS DINAMIZAESTRADA 2026


Foi presentada a XIII edición da FESTA DAS PALABRAS organizada polo colectivo DINAMIZAESTRADA, que agrupa aos Equipos de dinamización da lingua galega dos dez centros educativos da Estrada.

A Festa terá lugar o 27 de maio no teatro principal ás 8 da tarde e podes consultar toda a información sobre a mesma no blog de DINAMIZAESTRADA.

O Losada, coma sempre, estará representado polo alumnado gañador dos concursos de micropoemas e microrrelatos nas súas respectivas categorías:

Iker Recio Matalobos, 2º BAC, Antía Buela Bugallo 1º BAC, 

 Eva Calvelo Rivas 4º ESO, e Lidia Márquez Méndez 3º ESO 


 


martes, 26 de maio de 2026

Nova actividade Ga-Lego

 Esta vez, o alumnado de terceiro de ESO traballou con pezas de Lego para coñecer mellor a súa contorna e inquedanzas, e coma sempre expresando ca lingua galega.

De xeito ideal quedaron construccións únicas: ríos, montes ou mesmo a casa de algún famoso veciño:



Increíbles as representacións do noso centro que se elaboraron en conxunto:



xoves, 21 de maio de 2026

VIDEOCONECTAD@S CO CEIP O FOXO

Un ano máis levouse a cabo a experiencia videoconectad@s, nesta ocasión co CEIP O Foxo.
Os alumnos de quinto de primaria prepararon unhas exposicións sobre os oficios dos que se imparten ciclos no noso centro. 
Os alumnos de ciclos de madeira, administración e tamén da ESO tiveran a oportunidade de ver a estupenda presentación e intercambiar dúbidas sobre como se aprenden os oficios no centro. 
Quedan ahí algunhas fotos, e agardamos unha visita pronto!





mércores, 20 de maio de 2026

OS VIDEOXOGOS EN GALEGO

 

O pasado venres, 17 de abril, puxemos fin á semana dedicada aos videoxogos en galego co obradoiro e charla, moi interesantes, a cargo de Ana Doval Fernández, traductora, comunicadora e investigadora de videoxogos da Universidade de Vigo.

O alumnado de 1º BAC mesmo tivo a oportunidade de xogar a un dos xogos realizados por este proxecto e tamén de coñecer o proceso de tradución/localización dos videoxogos. Moi interesante e divertido.