A Biblioteca do Losada convoca un certame de deseño e de lemas para celebrar o Día das Bibliotecas. Aí tes as bases do mesmo:
elogho! Blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez da Estrada
martes, 19 de outubro de 2021
domingo, 26 de setembro de 2021
BENVIDO CURSO 2021-2022. XA ESTÁ AQUÍ O CALENDARIO DO 1º TRIMESTRE
domingo, 20 de xuño de 2021
XA PODES CONSEGUIR A REVISTA DO EDLG: ELOGHO? 2021
Desde a semana pasada xa circula de man en man a nosa publicación. Moitas páxinas con artigos, entrevistas, reportaxes, ilustración, creación, unha fermosa capa a toda cor...
Se aínda non a tés, fai por conseguila. E se queres descargala a toda cor podes facelo aquí:
luns, 31 de maio de 2021
VIII FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DA ESTRADA. EN MARCHA!!!
Desde o pasado venres, 28 de maio, está en marcha o VIII Festival de teatro escolar organizado pola aula de teatro AVELAÍÑAS do Losada Diéguez.
Xa remataron, a día de hoxe os roteiros previstos, o venres destinado ao alumnado do centro e o do sábado que tivo como público ás familias. Ambos na fermosa contorna da Fervenza de Ouzande.
En seguintes entradas faremos crónicas de todas as actuacións.
Toda a programación na WEB DO CENTRO.
domingo, 23 de maio de 2021
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XELA ARIAS 2021
FALLO DO XURADO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XELA ARIAS
LETRAS GALEGAS 2021
O Xurado do Concurso de Fotografía Xela Arias das Letras Galegas 2021 valorou moi positivamente a cantidade e calidade dos traballos presentados ao mesmo. Foi complicado facer a escolla das imaxes finalistas que reuniron orixinalidade, calidade e adecuación ao poema escollido por cada unha delas.
O xurado quere facer felicitar a estes finalistas e a todos e todas os participantes polo traballo realizado.
A elección dos gañadores e gañadoras foi realizada por votación de 20 representantes do profesorado e doutros sectores da comunidade educativa do Losada. Así, unha vez feito o reconto de votos, o xurado decidiu outorgar as seguintes mencións e premios:
-Mención para as fotografías finalistas, que reciben un diploma e un vale de cafetería:
Candela Rivas Neira 1º ESO
Sara Ramos Vázquez 2° ESO
Uxía Vilariño Novio 2º ESO
Xeila Gomez Naveiro 3°ESO
Xabier Ferro Miranda 3º ESO
Uxía Docampo Magariños 3° ESO
David José Alvarellos Moure 3°ESO
Iria Rodríguez Arias 4º ESO
-Accésits para os seguintes participantes, que reciben un diploma, un vale de cafetería, unha pulseira de coiro cun lema en galego e un libro de Xela Arias:
Jacobo Ibáñez Vinseiro 3º ESO
Joel Castro Toledo 1º ESO
-Segundo premio do concurso, que recibe un diploma, un vale de cafetería, unha pulseira de coiro cun lema en galego e un libro de Xela Arias, para:
-E primeiro premio do concurso, que recibe un diploma, un vale de cafetería, unha cunca de Rosalía de Castro e un libro de Xela Arias para:
Laura Piso Migúelez 1°Bach
mércores, 19 de maio de 2021
10 FOTOGRAFÍAS FINALISTAS NO CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS
O xurado escolleu os 10 traballos finalistas do Concurso de Fotografía Letras Galegas 2021. Os autores e autoras das mesmas son:
Candela Rivas Neira 1º ESO, Joel Castro Toledo 1º ESO, Xeila Gomez Naveiro 3°ESO, Roberto Vilas López 3º ESO, Xabier Ferro Miranda 3º ESO, Uxía Docampo Magariños 3° ESO, Sara Ramos Vázquez. 2° ESO, David José Alvarellos Moure 3°ESO, Uxía Vilariño Novio 2º ESO, Iria Rodríguez Arias 4º ESO, Jacobo Ibáñez Vinseiro 3º ESO, Laura Piso Migúelez 1°Bach.
O VENRES 21 DE MAIO, NO SEGUNDO RECREO SERÁN ENTREGADOS OS PREMIOS AOS AUTORES E AUTORAS DOS TRABALLOS GAÑADORES. NA BIBLIOTECA DO LOSADA
PODES VER AS FOTOGRAFÍAS FINALISTAS NESTA LIGAZÓN
luns, 3 de maio de 2021
LETRAS GALEGAS 2021. CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
O EDLG e a Biblioteca do Losada promoven este ano, dedicado a Xela Arias, unha novidosa iniciativa. Trátasese dun concurso de fotografía artística baseado nunha selección de poemas da autora.
As bases son as seguintes:
- Escolle un dos poemas de Xela Arias. Consulta AQUÍ os poemas que podes utilizar.
- Fai unha foto sobre algo que che evoque ese poema e envíaa ao enderezo de correo ler.nolosada@gmail.com antes do 7 de maio
- Non esquezas poñer o título do poema queescolliches e o teu nome e curso ao enviar afoto
- Un xurado decidirá que fotografía serápremiada. Poderá haber máis dun premio
ANÍMATE E PARTICIPA









