luns, 3 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021. CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

 

O EDLG e a Biblioteca do Losada promoven este ano, dedicado a Xela Arias, unha novidosa iniciativa. Trátasese dun concurso de fotografía artística baseado nunha selección de poemas da autora.

As bases son as seguintes:

  • Escolle un dos poemas de Xela Arias. Consulta AQUÍ os poemas que podes utilizar.
  • Fai unha foto sobre algo que che evoque ese poema e envíaa ao enderezo de correo ler.nolosada@gmail.com antes do 7 de maio
  • Non esquezas poñer o título do poema queescolliches e o teu nome e curso ao enviar afoto
  • Un xurado decidirá que fotografía serápremiada. Poderá haber máis dun premio

ANÍMATE E PARTICIPA

Ningún comentario :

Publicar un comentario