elogho! Blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez da Estrada
luns, 5 de novembro de 2018
Con moita ciencia
Comezamos o mes con moita ciencia. O xenetista Ángel Carracedo foi o encargado de abrir a programación deste ano, co relatorio Pescando xens, que promoveron as bibliotecas dos institutos da Estrada. O alumnado de 4º da ESO e de bacharelato do Losada Diéguez tivo a oportunidade de escoitalo, e un equipo de redactores da nosa revista E logho aínda a de entrevistalo e descubrir este persoeiro cheo de coñecemento, de amabilidade e de vocación de compartir.
E esta mañá foi a quenda do profesor José Benito Vázquez Dorrío, que se achegou ao Losada Diéguez para falar das interferencias luminosas. Esta sesión científica organizouna o departamento de Física e Química. Entre todas e todos, enchemos de ciencia, en galego, este mes e o curso enteiro.
venres, 2 de novembro de 2018
Mes da Ciencia en Galego no Losada
Novembro é o Mes da Ciencia en Galego e, desde distintos departamentos (Bioloxía, Física e Química, Matemáticas) en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca do centro, estase a traballar nun conxunto de actividades cos que queremos fomentar a divulgación científica en galego.
Comezamos esta programación coa charla do prestixioso xenetista Ángel Carracedo, na Academia Galega de Seguridade Pública, organizada polas bibliotecas dos institutos da Estrada. O día 5 teremos a visita de Benito V. Dorrío para falarnos de interferencias lumínicas, organizada polo Dpto. de Física e Química. Seguiremos a programación no noso propio centro, con charlas preparadas pola alumnado de bacharelato para os primeiros cursos da ESO sobre anatomía e matemáticas, organizadas polos departamentos de Bioloxía e Matemáticas.
Ao longo deste mes trataremos de dar a coñecer tamén entre o alumnado a figura de Domingo Fontán, a quen se lle dedica este ano o Día da Ciencia en Galicia. Estes son algúns enlaces de interese:

Unidade didáctica sobre Fontán: http://acienciaengalicia18.gciencia.com/domingo-fontan-biografia/
Información ampla sobre a súa vida e obra: https://cartaxeometrica.blogspot.com/2018/10/recursos-sobre-domingo-fontan.html
E os materiais reunidos polo CEIP de Portas que leva o nome de Fontán:
Información ampla sobre a súa vida e obra: https://cartaxeometrica.blogspot.com/2018/10/recursos-sobre-domingo-fontan.html
E os materiais reunidos polo CEIP de Portas que leva o nome de Fontán:
Compartimos lingua, compartimos coñecemento!
martes, 30 de outubro de 2018
Chegou o Samaín!
Esta semana celebramos o Samaín. O alumnado do CEIP Figueiroa, da Estrada, agasallounos con estas terroríficas felicitacións que xa adornan a entrada da nosa biblioteca. Graciñas e bo Samaín a todos!
domingo, 21 de outubro de 2018
Comezamos co Edixgal. E na informática, tamén, cada cousa, polo seu nome!
![]() |
Son repertorios léxicos que poden axudarnos a familiarizarnos, profesorado e alumnado, coas palabras de manexo dos ordenadores e da internet, como o contrasinal (password), o alcume (nick/ alias) etc.
Aí vos van:
- Léxico moi básico de internet e das TIC, elaborado por unha profesora de 1º e 2º da ESO: http://cotovia.org/proxecto/lex/lex_ud2_01.html?orix=lex&tema=lex_ud2_01.html
- Un vocabulario máis amplo, xa para afondar moito, é estoutro dos Enxeñeiros de Galicia. http://www.digatic.org
Neste artigo da Real Academia Galega tamén se divulgan os novos termos da informática incorporados este ano ao dicionario do estándar do galego. Interesante.
https://portaldaspalabras.gal/ciberataque-aporofobia-e-xestor-a-de-comunidade-entran-no-dicionario/
Esperamos que vos sexan útiles!
mércores, 17 de outubro de 2018
martes, 2 de outubro de 2018
luns, 1 de outubro de 2018
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)