venres, 2 de novembro de 2018

Mes da Ciencia en Galego no Losada


 
Novembro é o Mes da Ciencia en Galego e, desde distintos departamentos (Bioloxía, Física e Química, Matemáticas) en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca do centro, estase a traballar nun conxunto de actividades cos que queremos fomentar a divulgación científica en galego.
Comezamos esta programación coa charla do prestixioso xenetista Ángel Carracedo, na Academia Galega de Seguridade Pública, organizada polas bibliotecas dos institutos da Estrada. O día 5 teremos a visita de Benito V. Dorrío para falarnos de interferencias lumínicas, organizada polo Dpto. de Física e Química. Seguiremos a programación no noso propio centro, con charlas preparadas pola alumnado de bacharelato para os primeiros cursos da ESO sobre anatomía e matemáticas, organizadas polos departamentos de Bioloxía e Matemáticas.

Ao longo deste mes trataremos de dar a coñecer tamén entre o alumnado a figura de Domingo Fontán, a quen se lle dedica este ano o Día da Ciencia en Galicia. Estes son algúns enlaces de interese:
 
Unidade didáctica sobre Fontán: http://acienciaengalicia18.gciencia.com/domingo-fontan-biografia/

Información ampla sobre a súa vida e obra: https://cartaxeometrica.blogspot.com/2018/10/recursos-sobre-domingo-fontan.html

E os materiais reunidos polo CEIP de Portas que leva o nome de Fontán:
 
Compartimos lingua, compartimos coñecemento!

1 comentario :

  1. Moitas grazas pola atención na charla de hoxe. Podedes ver experiencias semellantes na nosa páxina de proxectos de Física:
    http://www.clickonphysics.es/cms/Ga/
    que facemos coa axuda do noso alumnado da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía: http://minasyenergia.uvigo.es/gl/
    Un saúdo,
    José Benito Vázquez Dorrío

    ResponderEliminar