Se o tempo non o impide, o alumnado de 3º de ESO do IES Plurilingüe
Antón Losasda Diéguez participará o vindeiro mércores, 31 de maio no
Correlingua que neste ano chega á 23ª edición.
O alumnado de 3º participou activamente a súa participación na festa da lingua galega coa elaboración dun autocolante deseñado por Lara Rey Rosende e a realización dunha pancarta baseada no mesmo.
A programación do Correlingua 2023 é a seguinte:
11:00h. Saúdo e presentación a cargo de Isabel Risco
11:10h Saída do CORRELINGUA
11:30h. CHEGADA DO CORRELINGUA (Pequenos)
11:50h. CHEGADA DO CORRELINGUA (Maiores)
12:15h. LECTURA DO MANIFESTO
12:20h. Actuación do grupo Mekánika Rolling Band
12:50h. Solta final de globos e remate do acto.
Ningún comentario :
Publicar un comentario