Ata o martes 28 de marzo poderemos desfrutar no noso centro dunha das exposicións máis exitosas destes últimos anos. Trátase da mostra sobre música galega do século XXI "cantáMOLA EN GALEGO", que fai un interesante percorrido polos grupos e tendencias musicais das dúas primeiras décadas do milenio. A exposición foi realizada polo Servizo de normalización lingüística, A lingua Latexa, do Concello de Pontevedra. Podes consultar información
nesta páxina Imaxe da expo no corredor da Biblio. Ata o 28 de marzo
A unidade didáctica pode descargarse AQUÍ. Tamén se creu unha listaxe de reprodución en SPOTIFY e outra de vídeos das cancións en YOUTUBE.
Ademais de gozares coa expo e todos os materiais, o EDLG Losada preparou un concurso no que podes participar e gañar premios.
Ningún comentario :
Publicar un comentario