O pasado de xuño o Coro IES Antón Losada Diéguez pechaba o curso 2017-18 cunha actuación diante do alumnado de 5º de primaria do CEIP Figueiroa. O futuro alumnado do Losada gozou e aplaudiu a interpretación das pezas Xota Delira, A Galiza do Galego (Iván Calviño+Coro) e City of stars. Podes recordalas no seguinte vídeo:
Tamén se proxectou un videoclip, editado coma sempre polo Equipo de Audiovisuais do EDL, no que se fai un repaso polas imaxes máis destacadas da historia do coro, interpretando No niño novo do vento. Aquí podes gozalo:
Ningún comentario :
Publicar un comentario