mércores, 25 de xaneiro de 2017

COUSAS de Castelao no Principal.



O grupo de Teatro galego, Os Quinquilláns, poñen en escena unha adaptación do libro Cousas, de Castelao, mañá xoves no Teatro Principal da Estrada. O IES Antón Losada asistirá á representación, pois máis de 100 rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e 1º BAC terán a ocasión de gozar co espectáculo, despois de leren a obra no primeiro trimestre do curso.



Ningún comentario :

Publicar un comentario