sábado, 15 de outubro de 2016

O Coro do Losada participa no Intercambio musical e cultural co HOCKERILL ANGLO-EUROPEAN COLLEGE



O próximo martes, 18 de outubro, o IES Antón Losada recibirá a visita dun grupo de perto de 50 alumn@s e profes do Hockerill Anglo-European College, co que se realizará un intercambio musical e cultural. No salón de Actos do Losada terá lugar un concerto no que interpretarán pezas os nosos convidados e convidadas e tamén o Coro do Losada e o grupo de música tradicional do mesmo. A seguir deixamos imaxes dos ensaios que veñen realizando para a ocasión.



 Tamén se desprazarán á parroquia estradense de Ouzande, onde farán unha visita á Igrexa románica de San Lourenzo, á que seguirá un percorrido pola fermosa contorna dos Muíños da Fervenza de Ouzande.


A actividade está organizada polo Departamento de Música, e conta coa colaboración do Dto de Inglés, o  EDL Losada e da AC A Fervenza de Ouzande.



Ningún comentario :

Publicar un comentario