No día de hoxe, 24 de febreiro de 2016, celebramos un ano máis o Día de Rosalía. Respondendo á iniciativa da
Asociación de Escritores en Lingua Galega(AELG), convocamos a toda a comunidade educativa a enviar de xeito coordinado e masivo os seus chíos nas redes sociais. Nos dous recreos, xuntáronse na Biblioteca todos e todas os que quixeron participar. Desde a conta de
Twitter do EDL Losada tamén colaboramos co evento. Aí quedan as imaxes da xornada, que conseguíu que Rosalía de Castro fose un dos grandes temas do día nas redes sociais.
Todo preparado na Biblioteca
Pablo, Damián, Nico, Brais e David, foron dos máis activos
nos chíos
No segundo recreo tamén houbo animación
Ningún comentario :
Publicar un comentario