mércores, 20 de maio de 2026

OS VIDEOXOGOS EN GALEGO

 

O pasado venres, 17 de abril, puxemos fin á semana dedicada aos videoxogos en galego co obradoiro e charla, moi interesantes, a cargo de Ana Doval Fernández, traductora, comunicadora e investigadora de videoxogos da Universidade de Vigo.

O alumnado de 1º BAC mesmo tivo a oportunidade de xogar a un dos xogos realizados por este proxecto e tamén de coñecer o proceso de tradución/localización dos videoxogos. Moi interesante e divertido.


O TEU PROXECTO EN GALEGO

Sodes moitos os estudantes que, aínda que galegofalantes, optades por redactar o proxecto en castelán. Comeza unha nova campaña no Losada que vos invita a elaborar o voso proxecto de fin de ciclo en galego.

O equipo da lingua galega está máis que disposto a axudar e asesorar con dúbidas que poidades ter. Pregunta por nós! 

martes, 28 de abril de 2026

LETRAS GALEGAS 2026. BEGOÑA CAAMAÑO


Nesta entrada achegaremos toda a información sobre as actividades realizadas polo EDLG Losada con motivo das Letras Galegas 2026 dedicadas á escritora e xornalista Begoña Caamaño.

LUNS 4 DE MAIO 

Entrevista a Paula Carballeira, escritora, actriz, contacontos e divulgadora da figura de BEGOÑA CAAMAÑO,  a cargo de alumnado de 1º BAC. 

Emisión en directo e en setreaming dende o salón de usos múltiples.

Horario: 12:45 a 13:25

O VÍDEO DA ENTREVISTA

 
 
O EDLG Losada tamén elaborou unha publicación divulgativa e con actividades arredor de Begoña Caamaño que podes descargar e imprimir:
 
 

AS LETRAS DO LOSADA 26. BEGOÑA CAAMAÑO by elogolosada

luns, 6 de abril de 2026

ALMANAQUE DO EDLG DO 3º TRIMESTRE. CURSO 2025-2026


Presentamos o almanaque deste terceiro trimestre do curso 2025-2026, que tan últil nos resulta.

Nesta terceira avaliación, como nas anteriores,  cada mes está dedicado a unha muller científica galega:
Manuela Barreiro, Aurora Sampedro e Jimena Fernández de la Vega, foron mulleres que dedicaron a súa vida á investigación científica e á divulgación en diferentes ámbitos e disciplinas.

Xa podes descargar e imprimir aquí o almanaque:

Almanaque EDLG-LOSADA_25-26-3ºtrimestre by elogolosada

luns, 16 de marzo de 2026

Actividade GA-LEGO

 O pasado venres, o alumnado do primeiro ciclo de administrativo foi quen de participar na actividade promovida polo equipo de dinamización da lingua galega do centro: Ga-Lego.

A través de distintas dinámicas, os alumnos tiveron que recrear sitios da nosa comunidade. Foi preciso o uso da imaxinación e tamén a colaboración.

Un posto de rosquillas das festas de Moraña, un paseo en barco pola ría de Ferrol, un día no Son do Camiño, o paseo de Silgar ou unha visita á Domus. Serás capaz de identificar estas construccións nas seguintes fotos?


Finalizamos traballando en equipo algunhas propostas de negocio para A Estrada: unha churrería con reparto a domicilio e unha pista deportiva. Podes velas nas seguintes maquetas.



Quedamos con ganas de máis :)


venres, 13 de marzo de 2026

CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS DINAMIZAESTRADA 2026

 



O alumnado do Losada participou na XIII edición do certame literario dos centros educativos da Estrada, que nesta ocasión recordaban á escritora Begoña Caamaño, con palabras extraídas dos seus títulos: AZUL E NOITE.

Os resultados do noso centro foron os seguintes:

 

MICROPOEMAS

PALABRA ESCOLLIDA: NOITE

 

CATEGORÍA B2

Finalistas: Nicolás Silva Rey 3ºESO  e Noa Iglesias Marque 3º ESO

Gañadora: Eva Calvelo Rivas 4º ESO

 

CATEGORÍA C, 

Finalistas: Pablo Cabaleiro Fernández, 1º BAC e Antía Garrido Portela, 2º BAC

Gañador: Iker Recio Matalobos, 2º BAC

 

MICRORRELATOS

PALABRA ESCOLLIDA: AZUL

 

 

CATEGORÍA B2

Finalistas: Mauro Míguez Conde 3º ESO  e Iago Cabaleiro Fernández 3º ESO

Gañadora: Lidia Márquez Méndez 3º ESO

 

CATEGORÍA C

Finalistas:

Iker Recio Matalobos 2ºBAC  e Lara Rey Rosende 2º BAC

Gañadora: Antía Buela Bugallo 1º BAC

 

Os traballos gañadores serán publicados nun libro conxunto cos centros de ensino de DINAMIZAESTRADA que lles será entregado aos seus autores e autoras na XIII Festa das Palabras que se celebrará no mes de maio no Teatro Principal da Estrada.

Noraboa a todos os participantes!



domingo, 1 de marzo de 2026

O LOSADA SEGUE PARTICIPANDO NAS CELEBRACIÓNS DO DÍA DE ROSALÍA 2026

 


A través da Radio Xoven do Losada, seguimos a participar nas actividades que se realizan no noso concello con motivo do Día de Rosalía 2026.

O pasado sábado, 28 de febreiro, Sara Calvo de 4º ESO, Bruno López e Brais Regenjo do 2º curso do CB de Carpintaría e Moble, participaron no programa de Radio Estrada, O Recuncho da lingua, dirixido por Pilar Bernárdez.

Presentaron un orixinal traballo sobre a figura e obra de Rosalía que non nos deixou indiferentes. Podes escoitar a súa intervención abaixo, a partir do minuto 15:00