RECOMENDACIÓNS LECTORAS E MUSICAIS PARA DÍAS DE LECER
elogho! Blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez da Estrada
xoves, 30 de decembro de 2021
sábado, 27 de novembro de 2021
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO (II)
O alumnado de 2º Bach de Ciencias da terra e do medioambiente ofreceron unha magnífica actividade divulgativa sobre os homenaxeados polo Día da Ciencia en Galego,
Turing e Tarsy Carballas e da homenaxeada pola Real Academia Galega de
Ciencias este ano, Ximena F. de la Vega, xenetista.
A actividade tivo como destinatarios os grupos de 1º da ESO, o xoves 25 e o venres 26. Conformaron ademais un público atento e participativo e non fallaron na resposta dos xogos e actividades que o alumnado de Bacharelato lles propuxo.
Un DEZ para todos e todas e para a CIENCIA EN GALEGO.
Aí quedan algunhas imaxes:
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO (I)
Este curso celebramos a ciencia en galego de diferentes maneiras. A primeira foi unha estupenda xornada de traballo do alumnado de 1º ESO que participou moi activamente na experiencia de MICORRIZADO DE CASTIÑEIROS.
Guiados/as polo profe Jacobo do Departamento de madeira e da profe Maite, de Bioloxía, dedicáronse a buscar as raíces dos castiñeiros do xardín do centro para impregnalas con hifas de fungo (boletus) coa esperanza que saian no próximo outono uns ricos cogomelos.
A experiencia resultou moi interesante e serviu para aprender novas palabras na nosa lingua relacionadas co ámbito cientítico. Aí quedan algumhas imaxes:
mércores, 20 de outubro de 2021
A AULA DE TEATRO AVELAÍÑAS COMEZA AS SÚAS SESIÓNS DE TRABALLO
Un curso máis, a aula de teatro Avelaíñas, do noso centro, deu comezo aos seus ensaios semanais, o pasado martes 19 de outubro. Un numeroso grupo de rapaces de 1º, 2º e 3º ESO acolleu con entusiasmo ao novo profe de teatro, o actor, monologuista e locutor de Radio Estrada, Fran Campos. Aí quedan as fotos da primeira sesión.
Moito ánimo e moita sorte no traballo que queda por diante.
martes, 19 de outubro de 2021
DESEÑOS E LEMAS PARA O DÍA DAS BIBLIOTECAS 2021
A Biblioteca do Losada convoca un certame de deseño e de lemas para celebrar o Día das Bibliotecas. Aí tes as bases do mesmo:
domingo, 26 de setembro de 2021
BENVIDO CURSO 2021-2022. XA ESTÁ AQUÍ O CALENDARIO DO 1º TRIMESTRE
domingo, 20 de xuño de 2021
XA PODES CONSEGUIR A REVISTA DO EDLG: ELOGHO? 2021
Desde a semana pasada xa circula de man en man a nosa publicación. Moitas páxinas con artigos, entrevistas, reportaxes, ilustración, creación, unha fermosa capa a toda cor...
Se aínda non a tés, fai por conseguila. E se queres descargala a toda cor podes facelo aquí:














