Está en marcha a sétima edición do Concurso de microrelatos e micropoemas organizada por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros Educativos da Estrada.
Este ano as palabras escollidas foron: CABALOS, para os microrrelatos, e LINDO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos da autora escollida para as Letras Galegas do 2021, Xela Arias.elogho! Blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez da Estrada
xoves, 28 de xaneiro de 2021
Concurso de micropoemas e microrrelatos DINAMIZAESTRADA 2021
CELBRAMOS O DÍA DE CASTELAO
xoves, 7 de xaneiro de 2021
XA ESTÁ AQUÍ O ALMANAQUE DO SEGUNDO TRIMESTRE. BENVIDO 2021
A continuación podes descargar e imprimir o calendario deste segundo trimestre:
mércores, 30 de decembro de 2020
VISITA VIRTUAL Á EXPOSICIÓN GALICIA, DE NÓS A NÓS
A actividade tivo lugar o xoves, 10 de decembro ás 10.00, para un grupo de alumnos/as, e venres 18 de decembro, ás 12.30 h, para o outro grupo.
Máis info sobre a mostra: GALICIA, DE NÓS A NÓS
mércores, 16 de decembro de 2020
NADAL 2020 EN GALEGO
mércores, 2 de decembro de 2020
SEGUIMOS A CELEBRAR O MES DA CIENCIA EN GALEGO NO LOSADA
O pasado luns seguimos a celebrar a ciencia en galego. O alumnado de 4º ESO asistiu á videoconferencia programada para ese día a cargo do profesor e comunicador Xacobo de Toro. Unha interesantísima e entretida aproximación á realización e difusión de vídeos científicos.
Tomamos nota para poder chegar a ser algún día youtubeir@s científic@s.
venres, 20 de novembro de 2020
Mostra de ilustracións dos personaxes do SCÓRPIO no Losada, por Rosa de Cabanas
Letras Galegas 2020 no Losada
A deseñadora estradense, Rosa de Cabanas, expón as súas ilustracións de Scorpio, de Carvalho Calero no IES Losada Diéguez.
Desde hai uns días e ata a finais da semana que ven, o remozado corredor da biblioteca do Losada acolle a mostra de ilustracións realizada pola deseñadora ouzandesa. A mesma componse de 34 ilustracións centradas nos 34 personaxes que constitúen as voces narrativas da novela do autor ferrolán, homenaxeado neste atípico ano das Letras Galegas. A orixe do proxecto da ilustradora tivo lugar no traballo realizado para a Através editora que realizou unha edición especial para este ano das Letras.
A mostra completouse coa visita que a autora realizou hoxe ao centro, para explicar ao alumnado de 2º de Bacharelato, lector da novela, os pormenores e segredos do seu traballo ilustrador.
A actividade estivo organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua galega e pola biblioteca do centro.
Aí quedan algunhas imaxes:










