Aí vai o vídeo da homenaxe musical que lle fixo o coro do IES Antón Losada o pasado sábado a #obalconderosalía, realizado e montado polos alumnos e profesores do Ciclo de carpintaría e moble do Instituto. Vai por eles.
E tamén o vídeo "Como se fixo #obalconderosalía
elogho! Blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez da Estrada
xoves, 3 de decembro de 2015
HOMENAXE A NEIRA VILAS NA BIBLIOTECA
O pasado sábado despedimos a Xosé Neira Vilas para sempre. Porén, ás súas palabras ficaran para sempre con nós.
Anótate na Biblioteca do Losada para participares na lectura de textos de Neira Vilas deste venres, en calquera dos recreos.
sábado, 28 de novembro de 2015
CELEBRANDO A PATROA DA MÚSICA CON CANCIÓNS GALEGAS
Cancións en galego para a celebración da Santa Icía
O Departamento de Música, en colaboración co Departamento de Galego e o de Actividades Extraescolares, organizou este venres, 27 de novembro de 2015, un Concerto Didáctico con motivo da celebración do día da patroa da Música.
O repertorio foi variado e ameno... dende espirituais, cancións galegas, bandas sonoras e versións de cancións actuais. O programa do concerto será interpretado polo "Cuarteto Victoria", catro voces mixtas con acompañamento de piano.
Na actividade participaron 100 alumnos e alumnas de Ciclos Formativos, 3º Eso e Bacharelato.
mércores, 18 de novembro de 2015
TRATÁMONOS BEN. V Concurso de fotografía e relato curto 25 N
Está o prazo aberto para participares na quinta edición dos concursos de relato e fotografía con motivo do Día contra a violencia machista. Anímate.
xoves, 5 de novembro de 2015
EXITOSA VIDEOCONFERENCIA DE XURXO MARIÑO NO VI DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística promoveu unha videoconferencia vía web na que o coñecido profesor da Universidade da Coruña, e recoñecido divulgador da ciencia para todos os públicos, Xurxo Mariño, expuxo de xeito ameno todas as cuestións relativas á poderosa máquina que temos nas nosas cabezas.
Baixo o título de A MÁQUINA QUE CONSTRÚE A MENTE E A REALIDADE o afamado científico galego, autor de varias publicacións e promotor dos Cafés científicos e dos Discurshows, disertou sobre todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?Tamén respondeu a numerosas e interesantes preguntas que tiveron ocasión de facerlle, vía twitter, os máis de 6000 alumnos e alumnas de máis de 100 institutos de Galicia que participaron simultaneamente na video conferencia realizada en directo desde a Universidade da Coruña.
Mesmo contestou, de entre as centos de preguntas recibidas, unha realizada por dúas alumnas de 4º de ESO, Laura e Alanis, que cuestionaron sobre a sensación que ás veces temos as persoas de ter algo vivido noutra ocasión (o "déjà vu"). Os soños, a curación de enfermidades neuronais, a realidade virtual,... foron outros temas aos que o relator deu cumprida resposta.
A actividade cumpriu o obxectivo principal de achegar ao alumnado á cuestións de relevancia científica, no noso idioma, como vehículo de comunicación perefectamente válido para a transmisión de calquera tipo de coñecemento. Participaron nela 130 rapaces e rapazas de 3º, 4º ESO e 1º e 2º Bacharelato.
martes, 3 de novembro de 2015
VI DÍA DA CIENCIA EN GALEGO NO IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ
Chega a sexta edición da Xornada da Ciencia en Galego. Organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística, neste ano achegaranos unha videoconferencia do Doutor en Ciencias Biolóxicas e profesor da Universidade da Coruña, Xurxo Mariño.
Nesta ocasión o prestixioso profesor e conferenciante falará sobre A MÁQUINA QUE CONSTRÚE A MENTE E A REALIDADE.
Na actividade participarán máis de 100 centros educativos de toda Galicia, sumando miles de rapaces e rapazas que se achegarán unha vez máis á ciencia no noso idioma. Aí están os lugares e centros que seguirán a videoconferencia.
xoves, 29 de outubro de 2015
A PRAIA DOS AFOGADOS NA AGASP
O pasado martes o alumnado de 3º, 4º, 1º e 2º Bac, tivo a ocasión de asistir á proxección do filme galego, recén estreado, A PRAIA DOS AFOGADOS, baseado na novela homónima de Domingo Villar. A actividade, na que participou tamén o alumnado do IES nº 1, tivo lugar no Auditorio da Academia Galega de Seguridade Publica. A actividade foi organizada polo EDL Losada, Depalrtamento de Galego e Biblioteca.
A comitiva atravesando a carballeira
Comezamos
Foto Faro de Vigo/Noelia Porta
Rematamos
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)















