luns, 6 de abril de 2026

ALMANAQUE DO EDLG DO 3º TRIMESTRE. CURSO 2025-2026


Presentamos o almanaque deste terceiro trimestre do curso 2025-2026, que tan últil nos resulta.

Nesta terceira avaliación, como nas anteriores,  cada mes está dedicado a unha muller científica galega:
Manuela Barreiro, Aurora Sampedro e Jimena Fernández de la Vega, foron mulleres que dedicaron a súa vida á investigación científica e á divulgación en diferentes ámbitos e disciplinas.

Xa podes descargar e imprimir aquí o almanaque:

Almanaque EDLG-LOSADA_25-26-3ºtrimestre by elogolosada

luns, 16 de marzo de 2026

Actividade GA-LEGO

 O pasado venres, o alumnado do primeiro ciclo de administrativo foi quen de participar na actividade promovida polo equipo de dinamización da lingua galega do centro: Ga-Lego.

A través de distintas dinámicas, os alumnos tiveron que recrear sitios da nosa comunidade. Foi preciso o uso da imaxinación e tamén a colaboración.

Un posto de rosquillas das festas de Moraña, un paseo en barco pola ría de Ferrol, un día no Son do Camiño, o paseo de Silgar ou unha visita á Domus. Serás capaz de identificar estas construccións nas seguintes fotos?


Finalizamos traballando en equipo algunhas propostas de negocio para A Estrada: unha churrería con reparto a domicilio e unha pista deportiva. Podes velas nas seguintes maquetas.



Quedamos con ganas de máis :)


venres, 13 de marzo de 2026

CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS DINAMIZAESTRADA 2026

 



O alumnado do Losada participou na XIII edición do certame literario dos centros educativos da Estrada, que nesta ocasión recordaban á escritora Begoña Caamaño, con palabras extraídas dos seus títulos: AZUL E NOITE.

Os resultados do noso centro foron os seguintes:

 

MICROPOEMAS

PALABRA ESCOLLIDA: NOITE

 

CATEGORÍA B2

Finalistas: Nicolás Silva Rey 3ºESO  e Noa Iglesias Marque 3º ESO

Gañadora: Eva Calvelo Rivas 4º ESO

 

CATEGORÍA C, 

Finalistas: Pablo Cabaleiro Fernández, 1º BAC e Antía Garrido Portela, 2º BAC

Gañador: Iker Recio Matalobos, 2º BAC

 

MICRORRELATOS

PALABRA ESCOLLIDA: AZUL

 

 

CATEGORÍA B2

Finalistas: Mauro Míguez Conde 3º ESO  e Iago Cabaleiro Fernández 3º ESO

Gañadora: Lidia Márquez Méndez 3º ESO

 

CATEGORÍA C

Finalistas:

Iker Recio Matalobos 2ºBAC  e Lara Rey Rosende 2º BAC

Gañadora: Antía Buela Bugallo 1º BAC

 

Os traballos gañadores serán publicados nun libro conxunto cos centros de ensino de DINAMIZAESTRADA que lles será entregado aos seus autores e autoras na XIII Festa das Palabras que se celebrará no mes de maio no Teatro Principal da Estrada.

Noraboa a todos os participantes!



domingo, 1 de marzo de 2026

O LOSADA SEGUE PARTICIPANDO NAS CELEBRACIÓNS DO DÍA DE ROSALÍA 2026

 


A través da Radio Xoven do Losada, seguimos a participar nas actividades que se realizan no noso concello con motivo do Día de Rosalía 2026.

O pasado sábado, 28 de febreiro, Sara Calvo de 4º ESO, Bruno López e Brais Regenjo do 2º curso do CB de Carpintaría e Moble, participaron no programa de Radio Estrada, O Recuncho da lingua, dirixido por Pilar Bernárdez.

Presentaron un orixinal traballo sobre a figura e obra de Rosalía que non nos deixou indiferentes. Podes escoitar a súa intervención abaixo, a partir do minuto 15:00



Café de pota: Edición Entroido

 No café de idiomas desta semana tivemos de convidada a Jeanine, a auxiliar de conversa do noso centro procedente dos EUA. Puidemos intercambiar as tradicións gastronómicas galegas e comparalas cas dos Estados Unidos, onde descubrimos que temos en común que nos gusta moito o dulce.

Tras a conversa en galego e inglés, rematamos a xornada cunha degustación de orellas na que non sobraron nin as migas!


martes, 24 de febreiro de 2026

Día de Rosalía no Teatro Principal de A Estrada

 Onte 23 de febreiro, día de Rosalía, tivemos o pracer de poder escoitar poemas da autora por alumnos dos centros educativos de A Estrada.

Os representantes do noso centro no Teatro Principal foron Uxía Aller Matalobos, que leu "Máis ve que o meu corazón" e Manuel Matalobos Buján, ca peza "Quérome ire, quérome ire!", de Follas Novas. Finalmente proxectouse o vídeo tributo a Rosalía por parte das escolas infantís.

Moito sentimento durante a lectura como podedes apreciar nas fotos. Noraboa polo recital!



mércores, 11 de febreiro de 2026

PARTICIPA NO XIII CONCURSO LITERARIO DE DINAMIZAESTRADA



Un ano máis  poñemos en marcha o Concurso de microrelatos e micropoemas organizado por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros Educativos da Estrada. Este curso cumprimos xa 13 convocatorias do concurso e da Festa das Palabras.

Este ano as palabras escollidas foron: AZUL, para os microrrelatos, e NOITE para os micropoemas, en homenaxe á escritora Begoña Caamaño a quen se dedican as Letras galegas 2025.

Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!

Bases XIII Concurso de Microrrelatos e Micropoemas by elogolosada

xoves, 29 de xaneiro de 2026

Conexión mental en galego no CAFÉ DE POTA desta semana

 Esta semana os participantes no "Café de Pota" tiveron a oportunidade de xogar en grupo ca mente, xa que cantas máis palabras tivera en común o equipo máis puntos obtiñan para gañar un delicioso dulce.

Velaí un exemplo do acontencido ca palabra filloa:



Agardámoste este mes con algunha que outra novidade!

martes, 13 de xaneiro de 2026

COMEZA CAFÉ DE POTA, O CAFÉ DE IDIOMAS DO LOSADA

 A partir deste mércores 14, tódalas semanas as 12.25 e as 13.00 terás oportunidade de conversar en galego no café de idiomas do Losada.

Cada semana trataremos un tema novo e mesmo nos atreveremos con linguas extranxeiras.

Trátase dunha iniciativa do departamento de EDLG ca biblioteca do Losada.

Non faltes!

mércores, 7 de xaneiro de 2026

O almanaque do segundo trimestre do curso 25-26 xa está dispoñible

 


Presentamos o almanaque deste segundo trimestre do curso 2025-2026, que tan últil nos resulta.

Nesta segunda avaliación cada mes está dedicado a unha muller científica galega, continuando co proxecto iniciado no primeiro:

Antonia Ferrín, Inmaculada Paz Andrade e Eugenia Pereira, mulleres que dedicaron a súa vida á investigación científica e á divulgación en diferentes ámbitos e disciplinas.

Xa está nas aulas, pero aquí, podes descargar e imprimir o teu almanaque:

Almanaque EDLG_LOSADA_25-26-2ºT by elogolosada

O DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA CELEBRA O GALEGO NA CIENCIA

 

O venres 19, antes de coller as vacacións aínda tivemos a visita do noso físico de cabeceira, J. Benito Vázquez Dorrío, catedrático da @minasenerxia da @universidadedevigo. 

Co seu impresionante despregue de medios e coñecementos, faloulle ao alumnado de 3° e 4° ESO de Luz e cor na Física, con numerosos e rechamantes experimentos. 

Foi cousa do departamento de Física e Química e formou parte da programación de actividades A CIENCIA EN GALEGO do EDLG Losada. 


 

AVELAÍÑAS DO LOSADA PUXO A NOTA TEATRAL ANTES DAS VACACIÓNS DE NADAL


A aula de teatro Avelaíñas do Losada acaba de poñer en escena a súa creación colectiva VOCES DENDE O ENTULLO, que reflexiona sobre a guerra e as súas consecuencias. Realizaron dous pases para o alumnado de ESO e Bacharelato do Losada, nesta tarde de martes. Despois do éxito acadado na VIII mostra de teatro escolar Olimpio Arca, celebrada en novembro, fixeron unha revisión da peza, xogando co metateatro, que obtivo o aplauso unánime dos asistentes.


Moitísimos parabéns para Lara, Iker, Carolina, Lía, María, Brais, Noa, Lois, Manuel, Iago e por suposto para Fran Campos, director do grupo.