Aí quedan algunhas imaxes da posta en escena da peza de creación colectiva VOCES DENDE O ENTULLO, chea de bo facer, emotividade e valentía, que reflexiona arredor das guerras e as súas consecuencias, a cargo da Aula de teatro Avelaíñas do Losada na VIII Mostra de teatro escolar Olimpio Arca da Asociación cultural Vagalumes.
Foi o pasado 26 de novembro no Teatro Principal da
Estrada.
Parabéns polo traballo a Lara, Iker, Carolina, Lía, María, Brais, Noa, Lois, Manuel, Iago e ao seu director Fran Campos.




