Xa loce no vestíbulo do noso centro o fermoso tapiz de Rosalía, realizado polas mulleres do Colectivo Feminista Deza-Tabeirós que deciciu homenaxear á nosa escritora deste xeito tan orixinal.
Utilizaron técnicas como o gancho, calceta, bordado, patchwork ou debuxo. Trataron de reflectir todo o univeros de Rosalía: as paisaxes, as viúvas de vivos e mortos, o feminismo, a xustiza pola man, a xanela que pediu abrir para ver o mar na hora da súa morte e mesmo chegaron ao firmamento colocando a estrela co seu nome.
O traballo está sendo visitado polos diferentes grupos do centro e conta como guía á nosa alumna de 2º de Bacharelato, Andrea Mosteiro Sanxiao. (Traballo de Andrea sobre o tapiz)
A actividade faise en coordinación cos EDLG dos centros educativos da Estrada (Dinamizaestrada)
Ningún comentario :
Publicar un comentario